O Concello de Ferrol presenta a VI edición do Festival Fóra do Mapa

Cristina Moreira e Antonio Golpe presentando o Festival Fóra do Mapa | Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol presentou esta mañá a programación da VI edición do festival de artes escénicas de Ferrol ‘Fóra do Mapa’, que se celebrará en espazos singulares do barrio da Magdalena desde o luns 10 de outubro ata o sábado 15. O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, acompañado pola directora artística do evento, Cristina Moreira, deu a coñecer os detalles do programa, que pode consultarse no enlace https://bit.ly/3ElYWBi

O edil indicou que se trata dun festival con pezas de pequeno teatro que “combina o contemporáneo e o patrimonio arquitectónico da cidade” polo que o Concello de Ferrol “aposta ano tras ano”. Deste modo “poñemos en valor todo o patrimonio ferrolán”.

Un ciclo moi seguido e cun público “moi entregado”

O Festival “conta cun público moi fiel, moi entregado”, que ademais crece cada ano, dixo Moreira. “É xa un ente na nosa cidade”, a xente “ten moitas ganas de que suceda”. É un evento “que representa unha forma de amar Ferrol”, axuda “a querer a nosa cidade e ao seu patrimonio”.

O festival abrirá o luns 10 cun obradoiro a cargo do director teatral Santiago Sánchez e rematará o sábado no Teatro Jofre cunha peza de teatro de Cristina Blanco. Ademais de obradoiros, o programa deseñado para a próxima semana inclúe tamén conferencias, actividade na rúa e teatro e danza en espazos singulares do barrio da Magdalena, como o Museo Naval, o centro cultural Torrente Ballester, a terraza do Parador de Turismo, o Teatro Jofre e o interior do antigo cine Avenida, entre outros espazos. As sesión serán de balde pero é necesaria a inscrición previa no correo elecrtónico: reservasforadomapa@gmail.com

Lea también

María Canosa comparte no PAI de Valdoviño a súa obra “Unha fábrica de bicos”

Convidada polo Concello de Valdoviño, a escritora María Canosa visitou o luns a Aula da …