Axenda cultural en Narón desta «finde»

Venres 7 de outubro de 2022

Actividade: “Aprende a ler en voz alta, aprende a contar” Hora: 18.00 Lugar: Biblioteca municipal

O Concello organiza este obradoiro de narración oral para mozos e tamén persoas adultas. Na convocatoria adestrarase a habilidade de cada persoa para contar historias, dándolle vida ós textos, contos, novelas…

Actividade: “El alma de Valle Inclán” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

O dramaturgo Rafael Álvarez, “El Brujo”, protagoniza esta peza teatral creada como un espectáculo íntimo e xurdida no tempos do confinamento, coa que interpreta textos de Valle Inclán. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.

Sábado 8 de outubro de 2022

Actividade: “21 Leguas. Os 101 quilómetros de Narón” Hora: Saída ciclistas ás 8.00 e marchadores ás 9.00 Lugar: Saída do paseo marítimo de Xuvia

O Concello organiza o evento en colaboración coa Asociación 21 Leguas. Participarán máis dun milleiro de persoas chegadas de diferentes localidades. O percorrido discurre polos termos municipais de Narón, Ferrol e Valdoviño.

Actividade: “XX Aniversario da orquestra folk Sondeseu en acústico” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A orquestra Sondeseu celebra os seus vinte anos sobre os escenarios con este concerto acústico cun intenso repertorio a cargo de máis de medio cento de músicos. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.

Domingo 9 de outubro de 2022

Actividade: Musical tributo “El Rey León, de Simba a Kiara” Hora: Pases ás 17.30 e 19.30 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Onbeat trae a Narón este musical con espectaculares voces en directo, unha gran posta en escena e atractivas coreografías. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web: www.padroadodecultura.es.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …