Este venres, Neda acolle o espectáculo de teatro “A lúa vai encuberta”

As compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria traen este venres a Neda “A lúa vai encuberta”, un espectáculo de teatro contemporáneo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

A función inclúese no ciclo municipal Tempo para o Teatro, e dará comezo ás 20:30 horas na Casa da Cultura. As entradas poden adquirirse na biblioteca, ó prezo único de 2 euros, ata o venres, ou completar aforo, de 9 a 13 h e de 16 a 20 h.

A obra, baseada nun texto de Manuel María, está dirixida por Tito Asorey, e conta no seu elenco con Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e o propio Asorey. Gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais impulsado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, foi finalista ó Mellor Espectáculo nos XXVI Premios de Teatro María Casares.

Lea también

Actos vandálicos reiterados en Valdoviño contra el mobiliario urbano

El Ayuntamiento de Valdoviño vuelve a denunciar los actos vandálicos que, de forma reiterada, se …