Escolares do CEIP Virxe do Mar participan nos itinerarios didácticos polo Concello de Narón e reúnense con Ferreiro

Un grupo de escolares de sexto curso de educación Infantil do CEIP Virxe do Mar, desprazouse este martes día 22 de novembro ó Concello de Narón para participar nas actividades do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial .

Os menores, acompañados por persoal docente, visitaron varias dependencias municipais e se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos.

Os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local no salón de plenos e formuláronlle á rexedora local diversas cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa e plantexáronlle varias suxestións.

Os escolares asistiron á proxección do vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade e as súas parroquias e antes de abandoar o Concello, fotografiaronse coa alcaldesa, que lles fixo entrega duns agasallos, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares durante a visita que se realiza de xeito teatralizado.

As visitas deste programa continuarán desenvolvéndose en diversas datas no mes de decembro con alumnado do CEIP A Gándara

 

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …