O venres 2 de decembro acenderase en Narón o alumeado de Nadal

 
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, José Francisco Pita, xunto con José Luis Teijeiro e Santiago Otero, membros da directiva da entidade veciñal, presentaron este venres, día 25 de novembro, no Concello de Narón o tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal, que terá lugar o vindeiro venres, día 2 de decembro, ás 19.30 horas.
 
O acto oficial do acendido terá lugar nos xardíns da Residencia San José, na parroquia de Piñeiros, donde un ano máis representantes do Concello, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, participarán xunto con persoal da citada residencia e da AVV Piñeiros, que colaboran na organización do mesmo.
 
A alcaldesa, Marián Ferreiro, encargarase de premer o botón que acenderá as luces dunha árbore natural de 25 metros de altura ubicada fronte ó citado edificio e que tamén acenderá o resto do alumeado. Tralo acendido actuarán o Coro Peque Solidarium e o Coro da Capo, que forman parte do Programa municipal de recursos educativos de apoio á escola, PROMEDEX.
 
As persoas asistentes recibirán a visita dun Papá Noel que se achegará en sidecar acompañado de elfos. Tamén terá lugar unha degustación de castañas asadas, tal como indicaron desde a AVV de Piñeiros Natalia Hermida agradeceu a xenerosidade da congregación da Residencia de Piñeiros na que se realizará o acto por ceder o espazo e tamén a colaboración brindada pola entidade veciñal.
 
Pola súa banda, Pita agradeceu a implicación do Concello e da Residencia San José, e recordou que a entidade leva dezasete anos organizando esta cita que conta coa colaboración do Consistorio.
 
Preto de trescentas pezas, arcos, rótulos, árbores simulados, motivos 3D en varias alturas e decoracións varias ornamentarán en distintas ubicacións diversas rúas da zona urbana e rural da cidade, prazas, farolas, glorietas e o propio edificio da Casa Consistorial ata o día 7 de xaneiro.
 
Na praza da Gándara permanecerá instalado un elemento 3D rótulo Photocall e elemento interior visitable en led RGB, e na praza do Colexio Ponte de Xuvia instalarase un teito de luz formado por 15 guirnaldas microled de 56 metros de lonxitude.
 
O alumeado estará acendido todos os días a partir das 18.00 horas e apagarase ás 00.00 horas, excepto nas noites do 24, 25 e 31 de decembro e 1,5 e 6 de xaneiro, que permanecerá acendido ata o amencer.
 
Estas festas o horario de acendido reducirase unha hora con respecto a anos anteriores e o subministro de enerxía eléctrica para a iluminación de Nadal será de orixe cen por cen renovable, instalándose un total de máis de 880.000 leds.
 
Dende o Concello e a AVV Piñeiros convidouse ós veciños a asistir o venres ó acto de acendido do alumeado de Nadal.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …