A asamblea local do BNG elixe a Ivan Rivas como candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais

O Bloque Nacionalista Galego vén de elixir por unanimidade a Iván Rivas como candidato á Alcaldía de Ferrol nas vindeiras eleccións municipais de 2023 «co obxectivo de darlle unha solución real aos problemas que acumula a cidade«. A Asemblea Local do BNG renova así a confianza no actual portavoz municipal, poñendo en valor o conxunto do traballo desenvolvido durante o actual mandato co obxectivo de mudar a situación actual e mellorar as perspectivas de futuro de Ferrol.

Unha proposta política ambiciosa

O BNG  sinala que «preséntase como a organización política esencial para o futuro dunha cidade diferente e co obxectivo de transformar a sensación de resignación en esperanza. Con este fin presentará aos veciños e veciñas de Ferrol unha proposta política ambiciosa e realista que poña fin a acumulación de problemas que ten a nosa cidade, desde os máis pequenos aos de maior envergadura».

Romper coas inercias do pasado

Iván Rivas, candidato á alcaldía de Ferrol polo BNG, sinalou «a relevancia actual do BNG no futuro de Ferrol como a forza capaz de presentar unha proposta alternativa que permita transformar Ferrol nunha cidade que mira cara adiante rompendo coas inercias do pasado».

Liderar a transformación da cidade

O BNG amósase convencido de ser a organización coas condicións necesarias para incrementar de maneira significativa a súa representación na vindeira corporación municipal e «aspira a gañar a confianza de todas as persoas que ven no BNG a forza política capaz de liderar a transformación social, económica e urbana da cidade».

Lea también

O BNG pide fin da cita previa no Concello de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol reiterou esta maña ao alcalde da cidade, o socialista …