Setenta postos participan esta «finde» no «XIII Mercado de 2ª man» en Sedes, Narón

O “Mercado de 2ª man” organizado polo Concello de Narón alcanza este ano a décimo terceira edición. Un total de setenta postos, os máximos permitidos, permanecerán instalados este sábado 10 e domingo 11 de decembro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, tal e como avanzou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego

As persoas que desexen achegarse poderán facelo os dous días en horario de mañá e de tarde, de 10.30 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00. A entrada é de balde. Máis dunha trintena dos postos instalados son de solicitudes formuladas por persoas de Narón, se ben os restantes pertencen a veciños de Ferrol, Valdoviño, Fene, A Coruña, Cerdido, Cabanas, Neda, San Sadurniño, Cedeira e Pontedeume.

As persoas que se achegue poderán adquirir, tal e como indicou Galego, produtos moi variados, entre eles: xoguetes, libros, peluches, roupa, complementos discos, artigos de decoración, antigüidades, vaixelas, lámpadas, instrumentos musicais, mobles de pequeño formato, etc.

“Haberá unha oferta moi variada para que as persoas que acudan poidan elixir no caso de querer realizar algunha compra e darlles unha segunda vida a eses produtos, e non se poderán vender, como en anos anteriores, artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas”, apuntou Galego.

O mercado terá de novo unha vertente solidaria. As persoas que instalarán os postos doarán catro quilos de alimentos ou produtos de limpeza que se doarán ó Centro de Recursos Solidarios de Narón, que instalará un posto no que as persoas que acudan poderán tamén realizar doazóns de alimentos de primeira necesidade e produtos de hixiene.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …