O Esteo logra unha importante victoria ante Albense

Instante do encontro ante Albense | Xosé Ferreiro

Xosé Ferreiro

O equipo pontés do O Esteo logrou unha importantísima vitoria 6-5 este xoves festivo á tarde no Monte Caxado.

O cadro local semella pasar por un punto de inflexión despois de lograr empatar un 1-4 fronte A Estrada, pois a semana pasada conseguiu unha meritoria vitoria ante o Ribeira 2-5, e hoxe un sufrido triunfo ante o conxunto de Alba de Tormes, sexto, sumando sete puntos nos últimos tres encontros.

Comezábanse adiantando os locais cun tanto de Adrián tras un rexeite, pero pronto empataron os salmantinos por medio de Sánchez completamente so no segundo pau. Logo era Héctor quen poñía o segundo tras un tiro que o gardamallas desvía á escadra, pero antes do descanso voltaba a empatar o cadro de Alba tras unha falta que toca na barreira e acaba en gol.

Na segunda metade os locais saíron a por todas, conscientes do que se xogaban, e aínda que chegaron a poñerse 4-2 moi pronto e 5-3 mediado o segundo tempo, os casteláns leoneses lograron igualar 5-5 preto do final. Pero foi Cokito no último suspiro nun final algo tenso o que situaba o 6-5 definitivo no electrónico e daba tres puntos moi valiosos.

Con case toda a xornada por xogar os ponteses son décimos con 16 puntos, e pechan o ano visitando a un rival novo na categoría, oitavo clasificado, Juventud del Círculo de Burgos. Posteriormente abrirán o 2023 recibindo ao perigoso Guardo no final da primeira volta.

O Esteo: Xeito, Cokito, Héctor, Troncho, Jandro – Adrián, Jhony, Eloy.

Albense: Miguel, Jorge, Barbero, Jesús, Martín – Rober, Moreiro, Marcos, Sánchez, Antón.

Goles: 1-0, Adrián (7´), 1-1, Sánchez (8´), 2-1, Héctor (13´), 2-2, Troncho, pp (16´). 3-2, Jandro (21´), 4-2, Troncho (22´), 4-3, Jorge (35´), 5-3, Jhony (29´), 5-4, Barbero (36´), 5-5, Barbero (38´), 6-5, Cokito (39´).

Incidencias. Amarelas a Troncho, Sanchez, Rober, Barbero. Expulsados Adrián, Fran e Miguel no minuto 39´. Uns 70 espectadores no Monte Caxado.

Lea también

Cambio nas saídas previstas na «I Travesía de caiac de mar Concello de Narón»

Ante a previsión de condicións adversas, por vento, na xornada do domingo día 21 informan desde …