O BNG solicita ao goberno de Ferrol visitar o Sánchez Aguilera para explicar a súa proposta

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol rexistrou este venres unha solicitude dirixida ao goberno municipal para poder realizar unha visita, o vindeiro sábado 17 de decembro, ao acuartelamento Sánchez Aguilera e explicar as persoas interesadas a proposta que a formación nacionalista defende para o futuro desta parcela.

Iván Rivas, portavoz do BNG, explicou que o BNG pretende dar a coñecer “in situ” a súa proposta para esta parcela «que pasa por desvincular estes terreos do convenio con Defensa e así poder converter estas case 10 hectáreas hoxe abandonadas na maior zona verde urbana da cidade.«

O BNG sinala que a parcela que ocupa o cuartel Sanchez Aguilera «é un dos elementos fundamentais para definir o futuro urbano de Ferrol«. Por este motivo «é clave decidir cara onde queremos dirixirnos«. Para o BNG este espazo localizado nun lugar estratéxico da cidade «está chamado a transformarse no grande pulmón verde que conecte os barrios da Madalena, Canido, Santa Mariña e Catabois compatibilizando este fin con equipamentos dotacionais de tipo cultural ou mesmo unha nova residencia universitaria

Iván Rivas indicou que esta solicitude se enmarca na campaña que o BNG vai desenvolver para explicar a cidadanía cal é a súa proposta para este espazo da cidade.

O portavoz quere destacar que «non podemos edificar o Ferrol do futuro baixo premisas caducadas. As necesidades da cidade, hoxe, non son construír novas vivendas ou un grande contentor comercial senón promover un desenvolvemento urbano sustentábel: dotar de espazos verdes a un concello que carece deles, desenvolver unha decida política de rehabilitación das vivendas preexistentes e a recuperación urbana das rúas da cidade para potenciar o comercio local

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …

Un comentario

  1. Lo que hay que leer. Resulta que fue el BNG el que presumiò de la firma del Convenio de Defensa que permitiò dotar a este espacio de aprovechamiento lucrativo. Y ahora el mismo BNG trata de hacernos creer que su apuesta es otra. En fin, tengo estos principios y, si no te gustan, tengo estos otros …