Tres edificios de Ferrol da Ilustración. Dous desaparecidos, o terceiro totalmente reformado

O Foro de Amigos de Ferrol (F.A.F.) continúa os seus traballos sobre a Historia Grande e Pequena de Ferrol.

Casa solariega de Caamaño

Durante moitos anos conservouse na rúa Dolores de Ferrol, esquina con rúa Sánchez Barcáiztegui, un caserón amplo e de forma alargado, consistente de un baixo e dúas dos plantas altas, construído en estilo neoclásico. Un notable edificio de Ferrol da Ilustración, realmente pouco coñecido e estudado.

Tratábase da casa señorial dos Caamaño, coñecida familia nobiliaria galega, afincada en Ferrol desde o século XVIII. A sobria e elegante construción tiña súa fachada feita de cachotería enlucida, dotada de esquinais de perpiaños labrados de pedra de gra. A vivenda dispuña de balcóns enreixados na primeira planta e unha serie de ventás de cantería na segunda.

Casa solariega de Caamaño. Edificio actual no seu lugar

Membros ferrolás desta familia foron, entre outros, o coñecido personaxe ilustrado Juan José Caamaño y Pardo, conde de Maceda, que foi Rexedor Perpetuo de Ferrol e Alguacil do Santo Oficio de Galicia, e seus irmáns Rafael e Joaquín, que respectivamente foron Hermano Mayor e Consiliario do Hospital de Caridad de Ferrol, todos eles fillos de Vicente Caamaño y Gayoso, Capitán de Navío de la Armada, e Ramona Pardo de Figueroa.

A casa solariega de Caamaño foi o lugar de aloxamento de importantes visitantes de Ferrol durante os séculos XVIII e XIX, caso dos Duques de Montpensier. Nunha de tantas mostras do abandono do Patrimonio Cultural da Cidade foi derrubada na década dos anos 1960, perdéndose a pedra de armas da familia Caamaño e construíndo no seu lugar un amplo e pouco atractivo edificio comercial.

Antiga Escola de Gramática e Casa Consistorial de Ferrol

Sendo Alcalde Mayor de Ferrol o asturiano Álvarez Caballero, a partir do ano 1786 construíuse, baixo a dirección do enxeñeiro sevillano Sánchez de Aguilera, no extremo oriental do Paseo das Delicias (hoxe Cantón de Molíns) a chamada Escola de Gramática ou Cátedra de Latinidade. Tratábase dun edificio de acusada horizontalidade, construído en severo estilo neoclásico; constaba de dous corpos dotados de numerosas ventás e un balcón central, con fachada de cachotería enlucida e cantería nos seus esquinais.

Inaugurado o edificio o ano 1788, a planta baixa foi ocupada pola prevista Escola de Gramática e a primeira planta por dependencias do Concello de Ferrol. A construción daba esquina á rúa entón chamada do Olvido, que levaba ese nome porque en ela se atopaba a entrada aos locais da Cárcere Municipal.

Antigo Concello de Ferrol. Edificio actual no seu lugar

O edificio coroábase cunha ampla cornixa de pedra cuxo óvalo central acollía un notable escudo de armas da cidade, consistente nunha torre almenada de dous corpos, colocada sobre unha restinga marítima e rematada dun farol, acompañándose dun canón e un áncora cada lado. El escudo, aprobado na sesión municipal celebrada o 22 de xuño, estaba timbrado dunha coroa marquesal e estaba rodeado dunha grilanda vexetal.

Máis tarde o Concello da cidade instalouse o ano 1802 na Sala Capitular do novo e próximo edificio recentemente construído da Cárcere Pública, regresando novamente o ano 1847 ao edificio do Paseo das Delicias onde estivo hasta o ano 1953, cando inaugurouse a nova Casa Consistorial na Praza de Armas.

Tras unha serie de diferentes usos, entre eles sede dos Sindicatos da época franquista, el antigo caserón neoclásico foi derrubado na década dos anos 1970, construíndo no seu solar un moderno edificio esquinal de cinco plantas, dedicado a vivendas e locais comerciais, perdendo así Ferrol outro dos fitos históricos da cidade.

O antigo escudo municipal sufriu diverso traslados, perdendo a coroa de remate, ataque finalmente colocouse, de forma neglixente e sen realce, na entrada do Centro Cultural da rúa do Hospital, onde sigue esperando un lugar para a súa debida colocación. Tamén perdeuse, ou descoñécese onde puidera estar, unha artística placa de bronce colocada nun lateral do edificio municipal, recordando o nacemento na rúa San Fernando do barrio de Esteiro o 17 de outubro de 1850 do fundador do Partido Socialista, Pablo Iglesias Posse, cuxo busto aparece na devandita placa, obra do escultor López Mirás, enmarcado dunha coroa de loureiro.

Escudo municipal. Placa de Pablo Iglesias

Antiga Cárcere Pública, Instituto de Ensinanza Media e Goberno Militar

A terceira das construcións do século XVIII a que facemos referencia é o amplo edificio da antiga Cárcere Pública, construído entre marzo de 1794 e decembro de 1801 polo arquitecto municipal José López Llanos. Levantado no lado oeste da actual praza da Constitución, tratábase de orixe dun edificio exento, de formas clasicistas, dúas plantas de altura e forma cuadrangular, dotado dun gran patio central, amplas fenestras acristaladas e esquinais pétreos almofadillados.

Cárcere Pública, ano 1910. Instituto de Ensinanza Media, ano 1930

Ademais de albergar a Cárcere Pública e o Xulgado Municipal, desde o ano 1802 o edificio albergou diversas dependencias da sede do Concello de Ferrol, hasta que regresou o ano 1847 ao edificio da Cátedra de Latinidade do Paseo das Delicias. O ano 1907 o Xulgado Municipal foi trasladado ao edificio do Legado Carbajal da rúa Magdalena (hoxe sede do Ateneo Ferrolán), mentres que o ano 1926 a Cárcere Pública trasladábase á rúa da Muralla.

O ano 1927 o edificio pasou a ser o Instituto de Ensinanza Media hasta o ano 1944, data na que, tras unha permuta de terreos, foi transferido ao Exército para albergar a sede do Goberno Militar da cidade. O ano 1953, un proxecto do enxeñeiro militar Francisco Dopico modificou amplamente o edificio orixinal. Para as súas novas funcións incrementouse a espazo coa agregación de dous plantas en altura, remodelando o seu, instalando no vestíbulo unha artística escaleira de honor e realizando diversas reformas interiores, aínda que tratando de respectar as formas do edificio orixinal.

Tras deixar a súa función militar o ano 1994 e intentar, sen éxito, facerse coa propiedade o Concello de Ferrol, el año 1999 el edificio pasou a propiedade dunha entidade bancaria, converténdose na sede de actos sociais e culturais da Fundación ABanca, entón Nova Caixa Galicia. Con tal motivo levouse a cabo unha ampla reforma da parte interior que foi practicamente baleirada e refeita de novo.

Sede do Goberno Militar, ano 1960

Tratando de respectar exteriormente as formas e o carácter emblemático do edificio original, tras la reforma realizada polo arquitecto Romero Gil-Delgado que finalizou o ano 2005, a iluminación natural converteuse na protagonista do edificio, entrando polo lucernario central do mesmo.

O edificio foi dotado dun auditorio, varias salas de exposicións e diversas salas de usos polivalentes, aínda que ha discutido o pintado dos paramentos exteriores da construción neoclásica, que orixinalmente estaban encalados, con unha pintura de tons azulados, para algúns considerada fora de contexto. Ademais desapareceu oescudo de pedra remate do edificio, que foi substituído polo símbolo de entidade
bancaria.

Edificio da Fundación ABanca, ano 2010

Durante os seus 225 años de existencia este edificio, estudado por Alfredo Vigo e Carmen Porta, tivo variados usos. Trala súa inauguración, sobre a porta de ferro deentrada ao patio desta construción, colocouse unha lápida onde podíase ler que o edificio había sido proxectado e dirixido polo Capitán de Fragata e Enxeñeiro José López Llanos, sendo concluído en decembro de 1801. Na “Historia de Ferrol” de Montero y Aróstegui reprodúcese o texto desta lápida, que como tantas outras relativas á historia de Ferrol, hoxe atópase en paradoiro descoñecido.

Páxina 282 . Historia de Ferrol. Montero y Aróstegui

A pesar de estar documentada esta autoría, un letreiro colocado fai poucos anos na fachada de edificio, subvencionado polo “Fondo Europeo de Desenvolmento Rexional” (sic), adxudica a obra ao arquitecto e monxe bieito Fray Plácido Camiña, na vez do seu auténtico autor, o enxeñeiro López Llanos. Ademais rotúlase ao histórico edificio coa súa actual función, dato sen relevancia histórica, cando debería indicarse a súa dedicación orixinal do ano 1801. O Concello de Ferrol tiña que ter máis coidado e controlar o contido da información destas placas e outras similares.

Placa actual na fachada da Antiga Cárcere Municipal

Los orígenes de Ferrol. Ferrol Castreño

Una reciente exposición que está teniendo lugar en el Centro Cultural de la calle del Hospital, una muestra de cierto interés pero bastante incompleta de contenido textual y gráfico, se refiere a los orígenes de Ferrol que según los historiadores se remonta a tiempos de la cultura castreña.

En la exposición se trata de poner en valor los trabajos de información y catalogaciónde estos castros por diferentes particulares, entidades y asociaciones: Víctor Alonso, Ana María Romero, Juan A. Carneiro, Emilio Ramil, Sociedad Dugium, Ateneo Ferrolán y Sociedad Cultural Santa Comba, entre otros.

Castros del Concello de Ferrol

En el plano que se adjunta se puede ver la situación de los 12 castros que existieron en el Concello de Ferrol, desde los de Ferrol Vello y Lobadiz hasta los de Santa Comba y Leixa. En el sencillo y poco ilustrativo folleto de la exposición se informa de los expoliossufridos por estos castros y como el patrimonio arqueológico castreño, ante la ausencia de ese necesario y demandado Museo de la Ciudad, se encuentra diseminado por diferentes museos gallegos, singularmente los de Pontevedra, Arqueológico de A Coruña e As Mariñas de Betanzos.

Lea también

Xavier Alcalá e Manel Cráneo presentan en Ares a novela gráfica ‘Cinza’

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o venres 19 de abril, ás 19:30 …