Sés, Xacarandaina e un musical dos anos 80 e 90 esta fin de semana no Pazo da Cultura, en Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana tres novos espectáculos da programación cultural do Padroado da Cultura. O primeiro deles será o venres, día 3 ás 20.30 horas, cando terá lugar o concerto de Sés, que presentará en Narón acompañada de toda a súa banda o seu último disco “Diante dun eco”. Trátase do oitavo traballo discográfico da cantautora galega, unha volta aos inicios dende a madurez. O concerto terá unha duración de hora e media, na que interpretará os doce temas do seu disco, no que se reafirma na estética popular sen renunciar á súa calidade poética. As entradas teñen un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

O sábado 4 chegará de novo a música ao Pazo, nesa ocasión da man da formación Xacarandaina, co seu novidoso espectáculo “Endaterra”. A música e o baile tradicional centran esta proposta musical, na que se fusionan distintas artes escénicas. A partir das 20.00 horas o público poderá desfrutar dunha singular produción audiovisual cunha banda sonora única composta para este espectáculo, que representa un percorrido pola cultura tradicional das rutas do Camiño Inglés e o Camiño a Fisterra-Muxía, seguindo as tradicións de dezaoito concellos. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.

O turno do público familiar e infantil chegará coa proposta dominical, ás 19.30 horas. “El musical de los 80s y 90s”, de Tertulia Producción, permitirá
ofrecer ao público con voces en directo os máis variados estilos das décadas dos anos 80 e 90, misturando o mellor do pop español con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa xuventude.

O prezo en venda anticipada é de 16 euros no patio de butacas; 14 euros no anfiteatro 1 e de 12 euros no anfiteatro 2 e no caso de adquirir as entradas o propio domingo será de 19 euros no patio de butacas; 17 no anfiteatro 1 e 15 noanfiteatro 2.

As persoas interesadas en asistir aos espectáculos do Pazo poden adquirir as entradas no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …