Escolares do CEIP Ponte de Xuvia participaron nos Itinerarios didácticos pola Casa Consistorial

Un grupo de dezaseis escolares de sexto curso de educación Infantil do CEIP Ponte de Xuvia, desprazouse este martes ao Concello para participar nas actividades do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial.

Os menores estiveron acompañados por persoal docente, co que visitaron varias dependencias municipais e se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos.

Unha vez na citada ubicación os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local e formuláronlle á rexedora local diversas
cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa e do funcionamento do Concello. Os escolares visionaron o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación
sobre a historia da cidade e as súas parroquias e sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa, que lles entregou uns libros e unha gorra, e tamén no
photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares nesta visita teatralizada.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …