O BNG de Ferrol propón mellorar a seguridade peonil na rúa Celso Emilio

Operarios instalando os bolardos na rúa Celso Emilio en 2020 | Concello de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego pediu hoxe ao goberno municipal que mellore a senda peonil habilitada na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Canido e reforce a seguridade na mesma.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que se trata dunha vía que é utilizada por moitas persoas e considera que o goberno local «ten que facer un esforzo por garantir a seguridade na mesma e advertir a todas as persoas e vehículos que se adentran na mesma que se trata dun vial habilitado como senda peonil

O BNG lembra que pola elevada presenza de peóns nesta rúa o Concello decidiu habilitar na mesma unha senda peonil, «pero tal e como esta concibida presenta moitas carencias en materia de seguridade; ao tratarse dunha vía cunha única plataforma sen máis diferenciación que a sinalética horizontal e uns bolardos que a día de hoxe non existen.«

Iván Rivas considera que esta rúa debería urbanizarse «baixo uns criterios diferentes aos actuais, tendentes a aplicar sobre a mesma parámetros dunha mobilidade sustentábel e baseadas en darlle prioridade aos peóns sobre os automóbiles, pero namentras isto non se pode facer o normal é garantir unhas condicións mínimas para facilitar o tránsito peonil minimizando os riscos

Propón mellorar a sinalización en toda a vía, advertindo aos vehículos que se adentren na mesma que se trata dun espazo con preferencia peonil e reforzando a limitación dos espazos destinados as persoas e os destinados aos vehículos.

Lea también

Galicia Ártabra concede los premios “Ártabro 2023-24” a entidades, asociaciones y ciudadanos

Serán entregados el día 20 de abril en Afundación Un año más y van trece …