O BNG insiste en «darlle solución os problemas da cidade» trala crise no goberno local

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol dada a situación que se ten xerado no Concello de Ferrol tras a dimisión da concelleira de Facenda e Patrimonio, María Teresa Deus, «e partindo do respecto as decisións de carácter persoal e a maneira de funcionamento e organización de cada partido político» queren, cando menos, «insistir na oferta de chegar a algún punto de encontro co actual goberno municipal de cara a temas que son de substancial importancia para o futuro da cidade e para o que resta de mandato.«

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, insite na vontade do BNG por resolver algúns dos principais problemas da cidade antes de rematar o mandato «e que pasarían por poder converter o espazo do Sánchez Aguilera nunha grande zona verde, iniciar o camiño da municipalización de servizos, tendo en conta a situación do contrato do lixo que é o mais caro da cidade, ou asumir que a xestión da depuradora tendo en conta a relación que existe co Concello de Narón ten que pasar porque a Xunta de Galiza se faga cargo desta infraestrutura que na situación actual supón que os veciños e veciñas de Ferrol están a pagar a depuración de Narón

Desde o BNG insisten na necesidade de chegar a un acordo en relación con este tipo de cuestións «antes de rematar o mandato e máis nas circunstancias actuais nas que se atopa o goberno local.«

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …