Alumnado de centros de Narón visita as instalacións do SPEIS, o Centro de Recursos Solidarios e o Centro Comunitario

O Concello de Narón continúa desenvolvendo o programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola, impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal. Con cargo a esta iniciativa realízanse unha serie de actividades en horario lectivo, entre as que se inclúen as visitas escolares ao Concello e tamén ás instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.

O pasado mércores un grupo de medio cento de escolares de primeiro e segundo curso de Primaria do CEIP Ponte de Xuvia desprazouse ás instalacións do Speis, se ben ese mesmo día, preto dunha trintena de alumnas e alumnos de cuarto de Primaria coñeceron as instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e outros sesenta escolares de quinto de Primaria do CEIP A Solaina visitaron onte e hoxe xoves o Centro de Recursos Solidarios de Narón.

Estas visitas prográmanse ao longo do curso escolar, co fin de que as nenas e nenos coñezan o funcionamento destes servizos e instalacións municipais.

Unha vez en cada unha destas instalacións os menores reciben unha serie de explicacións sobre os diferentes servizos, a cargo de representantes ou responsables dos mesmos. Na visita ao Centro de Recursos Solidarios os menores aportaron tamén produtos de primeira necesidade para entregar ás
familias máis vulnerables. 

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …