Orella Pendella, unha sesión de narración oral con música en directo, chega a Ares

A concellaría de Cultura de Ares, en colaboración coa Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural, organizará este xoves, 23 de febreiro pola tarde (18:00 horas) un evento fundamentado na narración oral, mais tamén na música en directo

As instalacións da biblioteca municipal de Ares acollerán a actuación da compañía Migalla Teatro, os encargados de que os pequenos de 6 meses a 6 anos aprendan e xoguen con ditos infantís.

Interpretaranse cancións tradicionais galegas con diferentes instrumentos, dende guitarra a acordeón, nun espectáculo que se pon en relación coa páxina https://orellapendella.gal, un sitio web para difundir a literatura popular infantil de Galicia entendéndoa coma unha ferramenta educativa e de lecer para os galegos do século XXI.

Lea también

Un conductor investigado al circular por Ortigueira a 188 km/h en una carretera limitada a 90

Efectivos del Subsector de Tráfico de la Guardia Civil de A Coruña investigaron al conductor de …