Ares celebra o Día de Rosalía

Dende o xoves 23 de febreiro, a casa consistorial de Ares loce a pancarta que homenaxea a unha figura central na cultura galega: Rosalía de Castro volve un ano máis polo seu día de nacemento á vila para ser lembrada e, sobre todo, celebrada.

Co obxectivo de divulgar entre a rapazada a súa importancia histórica, o Concello, da man do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, organizou durante este venres 24 de febreiro na biblioteca municipal de Ares o contacontos “A miña historia” 

O contacontos “A miña historia” a cargo da compañía Trémola Teatro, tivo un público singular: o alumnado de 1º e 2º de Primaria do Centro Público Integrado (CPI) As Mirandas

O espectáculo dedicouse integramente a Rosalía de Castro a través dunha personaxe teatral, Andrea, xornalista de profesión que xorde dende o máis profundo do século XIX para achegar detalles, anécdotas e a historia mesma da poeta galega.

Empregando a súa vida, a actuación narra textos esenciais na obra de Rosalía e contextualiza a súa importancia no Rexurdimento das letras galegas, sen deixar atrás o seu valor coma muller pioneira do seu tempo.

Lea también

Aberta a inscrición en Cedeira dun curso de “Monitor de tempo libre”

O Concello de Cedeira promove, a través da concellería de Promoción Económica e Emprego, un …