Acción formativa de «carnizaría e chacinaría»no Concello de Narón

A concelleira de Formación do Concellos de Narón,  Natalia Hermida, anunciou a apertura o martes 21 de marzo do prazo de inscrición nun curso de carnizaría e chacinaría do Programa Municipal de Formación. A edil naronesa indicou que se ofertan un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, podendo inscribirse persoas doutros concellos que accederán ao curso no caso de que non secubran todas as prazas con persoas empadroadas en Narón.

A acción formativa consta dun total de 415 horas, das que 15 se corresponden con módulos adicionais e levarase a cabo nas instalacións do
Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara e nas das empresas colaboradoras en prácticas. As clases impartiranse do 3 de abril ao 28 de xullo, en horario de 9.00 a 14.00de luns a venres e as prácticas profesionais non laborais en empresas cinco horas diarias –ata completar 100 horas- no horario que se determine en cada caso. Prevención de riscos laborais no sector cárnico, hixiene alimentaria para manipulación de alimentos, cortes básicos de carnizaría, clasificación e identificación das pezas, produtos da chacinaría, lexislación aplicable, atención ao público… forman parte dos contidos a abordar.

As solicitudes poden presentarse dende o martes 21 ás 8.30 ata o 27 de marzo ás 13.30 horas no Rexistro municipal, na Sede Electrónica de Narón ou a través de calquera dos medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para obter máis información pódese consultar a web do Concello de Narón ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal a través do teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …