Día mundial da poesía na Biblioteca municipal de Narón.

O Concello de Narón conmemora o Día Mundial da Poesía con varias propostas que se desenvolven dende este luns día 20, na Biblioteca Municipal e nas súas redes sociais e que rematarán o sábado 25 de marzo. A edil responsable desta área, Mercedes Taibo, indicou que todas as persoas que se acheguen ás citadas instalacións municipais, concretamente aos mostradores da sala infantil ou de adultos, recibirán como agasallo un poema,a través da iniciativa “De agasallo, un poema”.

Así mesmo, durante toda a semana compartirase nas redes sociais da Biblioteca (Facebook e Instagram) un xogo no que o obxectivo será rematar as estrofas de poemas da literatura galega e española. “Remata a estrofa” é o título desta proposta para o público adulto, na que poderán participar todas as persoas que o desexen.

Lea también

Ferrol solicita una subvención de 100.000 € para potenciar la candidatura a Patrimonio de la Humanidad

La concejala de Patrimonio Histórico, Maica García, avanzó este martes que el Ayuntamiento de Ferrol acaba …