«VIII Festival Internacional do monólogo Teatral Singular» no Pazo de Cultura de Narón.

A programación da oitava edición do Festival Internacional do monólogo Teatral Singular continúa no Pazo da Cultura de Narón. Na xornada do venres 25 de marzo poderase ver a peza “Feirantes” -20.30 horas-, da compañía galega Teatro do Noroeste. A actriz Imma António protagoniza este monólogo, baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro “Os outros feirantes”. As andainas de curiosos personaxes aparecen recollidas nesa publicación e este monólogo é un homenaxe a eses personaxes que aínda habitan moitas aldeas de Galicia e, en definitiva, un homenaxe a Álvaro Cunqueiro, un dos máis recoñecidos novelistas e dramaturgos galegos do século XX.

Na xornada do sábado 25 será o turno de Diana Seira, de Galicia, que protagonizará “The Witch, un espectáculo ritual” -20.00 horas-. Trátase neste caso dunha peza ritual que convida ao público a vivilo, no que unha cómica, unha menciñeira e unha acusada entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción, convertíndose as tres nunha.

Finalmente, o domingo 26 representarase un espectáculo para público familiar e infantil, “Filipa cos contos”, da compañía galega Bandullo Azul -18.00 horas-. O Café Teatro do Pazo será o escenario elixido para que o actor Fran Campos represente esta obra xunto coa súa amiga Filipa. Entre os dous farán unha sesión de contos para toda a familia con historias tradicionais, música e humor.

As entradas dispoñibles para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …