Resposta da concelleira de educación de Narón a unha crítica do PP sobre centros concertados

 A concelleira de Ensino, do concello de Narón, Mercedes Taibo, ante as críticas do grupo municipal do Partido Popular sobre atención aos centros escolares concertados  e que  «TEGA se olvida de los colegios concertados para el certamen intercentros» queré puntualizar mediante un comunicado o seguinte:

» O intercentros é un certame proposto e coordinado dende os centros públicos que leva 32 anos organizándose e que o Concello apoia.

As bases permanecen igual dende hai 32 anos e nunca se plantexou cambialas

Discriminación é que as familias de centros concertados teñan que pagar integramente, independentemente da súa capacidade económica, servizos como o transporte escolar

Discriminación é tamén que o custe do servizo de comedor nos concertados sexa o mesmo independentemente da renda das familias… o Concello subvenciona parte dese custo ás familias máis vulnerables para compensar a falta de axuda da Xunta», remata o comunicado.

Lea también

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman “Trocolibro”

A Biblioteca de Narón e a Axencia de Lectura da Gándara retoman dende este luns …