O concello de Narón recibe unha axuda do Plan Ferrol para unha urbanización no polígono das Lagoas

O Concello de Narón ven de recibir unha axuda para actuaciones de reindustrialización do Ministerio de Industria nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (Plan Ferrol) por importe de 238.684€.

A comunicación oficial desta subvención foi recibida onte no Concello, e suporá a realización dun compromiso cos empresarios da zona norte do polígono de As Lagoas, que verán mellorada a comunicación desta zona, mediante a urbanización dunha rúa transversal á AC-566.

Así, José Manuel Blanco lembrou que dende a Alcaldía tíñase proxectada xa esta actuación, “pendente do financiamento que agora acábase de confirmar, para desdobrar a Estrada de Cedeira (AC-566), mediante a apertura dun novo vial que resolverá as carencias de accesos e permitirá unha maior fluidez do tráfico viario”.

A urbanización da rúa “D” do Polígono de As Lagoas afecta a un tramo de 165 metros de lonxitude, dende a Estrada de Cedeira ata o enlace cos viais “B” e “C” e a súa conexión coa zona deportiva de Río Seco, sendo en total 2.680 m2.

Proxéctase un vial de 16 metros de ancho (con 12 metros de calzada e beirarrúas de 2 metros) e coa totalidade das instalacións e pavimentos das mesmas condicións que o resto dos viais (con aglomerado en calzada e hormigón fratasado nas beirarrúas).

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …