A Central Librera acolle a presentación de «O home que matou a Antía Morgade»

Este venres 31 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, na Central Librera Real de Ferrol (rúa Real), a presentación de «O home que matou a Antía Morgade», de Arantza Portabales.

Acompañando a autora, estarán David Justo Blanco (Central Librera Real de Ferrol), e a libreira e asesora de lectura Bárbara Dopico.

«O home que matou a Antía Morgade», presenta o reencontro, despois de vinte anos, de seis amigos que se reúnen a cear, un 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles.

O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e todo apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución. Un tempo adolescente en que eses seis amigos compartían un piso de menores tutelado e onde aconteceu unha traxedia que marcou a todos para sempre: a morte da súa compañeira Antía Morgade.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana ofrece un concierto en el teatro Jofre

  Este jueves 25 de abril a las 20:30h, el teatro Jofre acoge el concierto …