O futuro dos traballadores dos rexistros da propiedade continúa sendo incerto coa creación da nova axencia tributaria galega

O vindeiro 1 de xaneiro a Xunta de Galicia  poñerá en marcha a nova axencia tributaria galega, a cal pretende absorber a labor das 42 Oficinas Liquidadoras que se encargan da recadación e xestión dos tributos autonómicos a través dos Distritos Hipotecarios con sé en distintos Rexistros da Propiedade. O motivo da desaparición das Oficinas é reducir o custo do seu mantemento pero a realidade e que se deixarán de recadar millóns de euros e se colapsará a tramitación dos expedientes, tal e como sucedeu noutras Comunidades Autónomas (Madrid e Extremadura) que tiveron que volver o sistema das Liquidadoras, ou Baleares, pendente da firma dun novo convenio.

O que pretende a Xunta é que as Oficinas Liquidadoras funcionen como meros “buzóns de presentación de documentos” nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra e prorrogar o convenio por dous anos máis coa provincia de A Coruña, pero os Rexistradores néganse a firmar.

Do que nada se sabe é do traslado destes arquivos ou do que acontecerá cos 150 traballadores que realizan as labores de liquidación de impostos e, paradóxicamente a Xunta tampouco dispón de personal especializado que poda continuar coa xestión dos mesmos.

O colectivo de traballadores dos Rexistros da Propiedade reuníuse en dúas asambleas coa CIG quen tratará de buscar solución a súa incertidume laboral. A través do sindicato solicitaron audiencia coa Xunta (quen até o momento se despreocupa do futuro destes empregados) para tratar de conseguir premiar a súa experiencia a través de méritos no caso de posibles concursos.

A cidadanía tamén se verá perxudicada coa creación desta Axencia Tributaria xa que terá que trasladarse a capitais de provincia para realizar xestións que agora poden solucionar nas distintas vilas e incrementaranse os seus gastos ó ter que desprazarse ou pagar a xestorías. Ademáis ó centralizar a xestión en só cinco Departamentos Territoriais en toda Galicia o servizo se colapsaría e o persoal non podería estar debidamente atendido.

Nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal eliminaríanse as Oficinas Liquidadoras de Ferrol e Ortigueira.

Lea también

A Deputación financia con 303.000€ servizos de socorrismo en concellos do interior

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión definitiva …