Emilio Marín nomeado socio honorario da S.G.H.N

Na mañá do luns, dia 8,  a S.G.H.N. fixo entrega do diploma que acredita ao que foi delegado  en Ferrol, Emilio Marín Formoso, como Socio Honorario desta entidade,  en recoñecemento a dedicación prestada no estudo, defensa e divulgación do  medio natural galego, así como o seu traballo inestimable para que o que hoxe é  o Museo de Historia Natural dera os seus primeiros pasos, tal como se acordou na  Asemblea Xeral que tivo lugar en Santiago de Compostela o pasado mes de  marzo. A entrega do diploma tivo lugar na sa de lectura da biblioteca  do Museo por parte de membros da Xunta Directiva Xeral da S.G.H.N.

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …