21 O/ Beatriz Sestayo sinala que a zona rural ferrolá «está en total abandono»

A candidata número 3 do PSOE pola provincia da Coruña, Beatriz Sestayo, acompañada do edil Manuel Santiago, realizou un percorrido pola zona rural de Ferrol que, como subliñou, sufriu o “total abandono” do Goberno do Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo. Como exemplo claro, Sestayo denunciou outro dos compromisos de Feijóo con este municipio, o da construir un centro de día no rural, “unha promesa do seu contrato persoal coa cidade que quedou en nada, como o resto de puntos”.

Comezando por Covas e percorrendo outros lugares, como Doniños, San Xurxo ou Mandiá, a representante socialista visitou asociación de veciños e diferentes establecementos nos que explicou o programa do partido, nomeadamente das áreas que máis lles afectan, ao tempo que recolleu as inquedanzas da cidadanía.

A achega dos servizos públicos aos veciños e veciñas con independencia do lugar no que residan é unha das apostas do PSdeG, segundo avanzou Sestayo. Un compromiso que ten na mellora das novas tecnoloxías, coa potenciación da banda ancha, un dos seus pilares fundamentais. Así o indicou  a candidata que, neste sentido, lembrou  cómo o Goberno de Pérez Touriño promovera estas políticas durante o seu mandato, aínda que foron paralizadas na súa totalidade coa chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia. O saneamento, cun nulo investimento do Executivo de Feijóo nestes case catro anos, é outro dos compromisos adquiridos hoxe pola representante do PSOE.

Así mesmo, Sestayo destacou que un dos elementos que hai que ter en conta é o envellecemento da xente que reside na zona rural e, a esta respecto, abogou por mellorar a calidade de vida dos maiores, ao tempo que se deben impulsar políticas que fagan destes lugares zonas atractivas para a xente moza. Sobre o envellecemento da poboación rural, a número tres da candidatura criticou duramente os recortes levados a cabo polo Goberno do Partido Popular no eido dos servizos sociais e a sanidade.

Sobre o primeiro dos puntos, lembrou que a retirada do 80% dos fondos do Plan Concertado, cunha repercusión directa na axuda a domicilio, está a ter unha especial incidencia nas zonas rurais do municipio, así como o copago de medicamentos, que para os pensionistas supón un grave problema económico. “O Partido Socialista garante que se o día 21 de outubro recibe o apoio nas furnas dos veciños e veciñas para gobernar non haberá pago de medicamentos nin do transporte sanitario”, asegurou Beatriz Sestayo, que quixo transmitir este compromiso persoalmente ás personas residentes na zona rural, que sería a principal afectada por esta medida do Partido Popular pola media de idade e a distancia das vivendas do rural cos centros de saúde e hospitais.

Lea también

21 O/ Jorquera reconoce el revés electoral

 El candidato del BNG a la presidencia de la Xunta, Francisco Jorquera, ha reconocido que …