O Parque Natural das Fragas do Eume recibeu 19.587 visitas no que vai de ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca que o Parque Natural das Fraguas do Eume recibiron un total de 19.587 visitantes entre os meses de xaneiro e setembro. Dende o centro de recepción de visitantes particulares deste parque natural aseguran que máis do 57 % das visitas proceden de fora de Galicia e máis do 38 % veñen na Comunidade autónoma galega, mentres que o 4,8% son estranxeiros.

Durante este exercicio, recibíronse máis visitantes que no ano anterior que pasaron polo Parque das Fraguas do eume un total de 19.521 persoas entre os meses de xaneiro e setembro. O mes que tivo máis visitas foi o de agosto, tanto no relacionado con visitantes particulares, como en grupos.

Cabe sinalar que é o sistema de grupos o que menos se observa neste espazo natural ao longo do ano, sendo moitos máis os que o visitan de forma particular que sumaron un total de 14.558 persoas.

Mes Visitantes particulares Visitantes en grupos (total) Total visitantes
Xaneiro 232 0 232
Febreiro 271 0 271
Marzo 387 293 680
Abril 1.160 535 1.695
Maio 980 967 1.947
Xuño 899 670 1.569
Xullo 3.496 0 3.496
Agosto 7.133 0 7.133
Setembro 2.414 150 2.564
 Total anual 2012 14.558  2.465  19.587

Lea también

La Mancomunidad de Concellos celebró en Valdoviño una jornada técnica de turismo

Valdoviño acogió esta semana una charla técnica organizada por la Mancomunidad para dar a conocer …