A AVV. de Ultramar urxe a eliminación dos obstáculos nunha beirarúa de Sánchez Calviño

Os veciños e veciñas da rúa Sánchez Calviño levan meses reclamando, entre outras cousas, que se eliminen os obstáculos ocasionados polos valos e utensilios dunha obra no número 9 desta rúa. As molestias veñen de anos atrás, cando se comezou a construir este edificio, que aínda hoxe está sen rematar, e se reservou toda a beirarrúa para o mellor funcionamento e colocación de materias da obra. Pero hai máis dun ano que as obras se pararon e o valado e os elementos de construcción non foron eliminados, polo que interrumpen o correcto tránsito dos viandantes pola citada beirarrúa, impedindo o paso a cadeiras de rodas, a cadeiras de bebés ou a persoas con dificultades de movilidade.

Do mesmo xeito, non só se interrompe o paso, senón que se destrozou todo o trazo da beirarrúa delimitado. Ademáis, ao non ter rematada nin a fachada, os días de chuvia supoñen un novo risco, xa que a tubería bota o auga xusto ao lado dunha caixa eléctrica, co conseguinte perigo desta situación. Así mesmo,a insalubridade e a suciedade acumulada perxudican aos negocios próximos, que ven mermadas as ventas por causa destes obstáculos.

Tras informar ao goberno municipal e non ter obtido resposta, os veciños e veciñas da zona denunciaron a situación na asociación de veciños de Ultramar, que hai tempo que ven denunciando este problema. Todos urxen que se eliminen inmediatamente estas barreiras e se regule a circulación na beirarrúa e se lle devolva o seu estado anterior, para que a xente que circule por esa zona non teña que por en risco a súa seguridade  ao caminar pola rúa.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …