Os 73 traballadores da empresa Privilege de Narón protestan contra a presentación do recurso voluntario de acreedores

Os 73 traballadores que dependen da fábrica de Privilege Advanced Surfaces, situada en Narón (A Coruña) e dedicada á fabricación de conglomerados pétreos para encimera de cociña, realizaron unha concentración de protesta tras coñecer que o accionista maioritario, o grupo italiano Quarella, presentou un concurso voluntario de acredores que temen que desemboque no peche da fábrica.

Os representantes sindicais sosteñen que a empresa de Narón é viable pero que Quarella pretende centralizar a produción en Italia e despedir a todos os traballadores, que xa están afectados por un expediente de regulación de emprego dende xuño pasado e que mantén a factoría naronesa completamente paralizada.

Privilege está participada nun 20 por cento por Xesgalicia e un 20 por cento por Sepides e recibiu numerosas axudas públicas, polo que dende o sindicato CIG se reclama á administración que trate de evitar o peche da factoría.

Xesús Anxo López Pintos, secretario comarcal da CIG, asegurou que os representantes sindicais coñeceron este día 15 que o Xulgado Mercantil de A Coruña aprobara o concurso voluntario de acredores solicitado por Quarella o pasado día 3 e nomeara un administrador concursal.

A CIG sostén que a intención do grupo italiano Quarella é ‘afogar’ e ‘liquidar’ a empresa de Narón, malia que existan outras compañías que poidan estar interesadas en facerse coa súa parte no conxunto de accionistas.

‘Ábrese un período de incerteza, porque non sabemos a documentación que presentou Privilege’, subliñou Pintos, que avanzou que o comité de empresa solicitou unha reunión co administrador concursal para presentarlle máis documentación coa que intentar frear o proceso.

A parte social ten previsto que se produza unha reunión o día 29 cos responsables de Xesgalicia para coñecer os pasos dados pola administración ante o inicio deste concurso de acredores.

Lea también

Aprobada en Narón de xeito inicial a ordenanza para o uso do Centro de Interpretación dos Muíños de Xuvia

A sesión plenaria celebrada este mércores no concello de Narón aprobou inicialmente a ordenanza reguladora …