Aprobada a revisión das tarifas do servizo de auga para o ano 2.013 en Narón

O Consello de Administración da empresa mixta de augas COSMA, aprobou por unanimidade –agás a abstención do PP- a revisión das tarifas do servizo, dun 2,2% correspondente co IPC interanual do mes de xullo.

A revisión das tarifas terá unha repercusión de 0,58 euros ao trimestre (sen IVE) para o cliente doméstico, con consumo de 30 m3.

Tamén se aprobou a proposta de revisión das ordenanzas fiscais nº 8 e nº 9 para o ano 2013. Así, á acometida á rede xeral de saneamento na zona rural pasará a costar 862,07€/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplicarase unha cota reducida de 732,76€/vivenda.

Ademáis, por cada acometida á rede xeral de abastecemento de auga potable na zona rural, abonarase 454,31€/vivenda. No caso de solicitarse durante a execución da obra de instalación da rede xeral, aplicarase unha cota reducida de 215,52€/vivenda.

Lea también

As Pontes renova os convenios con Aspanaes e a Residencia A Magdalena

O Concello das Pontes renovou este lunes 22 os convenios de colaboración con Aspanaes e …