O BNG acusa de impasibilidade ao goberno local ante «a perda» do edificio de Aduanas para a cidade

O BNG enviou un comunicado aos medios de comunicación  no que «acusa ao alcalde de Ferrol de permanecer impasible fronte a infrautilización e expolio do patrimonio do Concello por parte da administración do Estado, singularizada nesta ocasión polo anuncio feito de trasladar o cuartel da Garda Civil ao edificio de Aduanas, sen que o edificio pase a mans municipais.

O BNG preguntou esta mañá na comisión de urbanismo polas condicións en que se vai facer a entrega desta edificación á Garda Civil, o modo en que se fai, e o tempo polo que se fai, unha edificación que debería pasar á propiedade municipal de modo gratuito.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG considera necesario mudar as relacións que desde este concello se establecen con outras administracións para tornalas máis equitativas tendo en conta a ocupación que a administración do estado ten sobre o solo do noso concello e os efectos negativos que esto ten sobre os ingresos da administración local que ademáis se van ver reducidos de novo ao mudar o réxime en materia de participación dos ingresos do estado para o concello de Ferrol.

O BNG enviou un comunicados aos medios no que sinala que «O anuncio feito polo alcalde do traslado do cuartel da Guardia Civil ao edificio de aduanas continúa na líña desenvolta por este goberno municipal na que se continúa a utilizar as edificacións da cidade sen poñer en primeiro lugar á propia cidade.

O Ministerio de Interior non entregou a edificación que non utiliza do cuartel da Graña ao Concello, e continuamos sen coñecer cales son as súas intencións respecto da propiedade na que se asenta a actual casa-cuartel na estrada de Catabois, e ao tempo o alcalde da cidade non pon ningún reparo en que a administración do Estado non entregue á Concello de Ferrol, de modo gratuíto un dos edificios máis singulares do barrio de Ferrol Vello. «

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, presidida, junto con el almirante …

Un comentario

  1. Como sí las manos municipales fueran el bálsamo de Fierabràs para la conservación en buen uso de las propiedades «estatales» , los restos del antaño partido gobernante en Ferrol el BNG por boca de su representante, se duele de que Aduanas no paseba manos municipales por la desidia y desinterés de nuestro Alcalde.
    El patetismo con el que este Sr. Iván Rivas se expresa al preguntar sobre el destino de este edificio, me recuerda las incongruencias de su antecesor en el ayuntamiento y nefasto alcalde de este pueblo ( nee) SrJaime Bello, cuando en su afán de acaparar propiedades para el pueblo vetaba a cualquier Ferrolano para poder hacerse con el Gobieno Militar o la Comandancia de Obras, vetos que afortunadamente no pudo cumplir y gracias a eso hoy disfrutamos de dos buenas restauraciones urbanas, como sin duda lo serà la feliz utilización por la Guardia Civil del edificio de Aduanas a la que este » preclaro e insigne » político se opone.