O PSOE de Fene reclámalle ao PP que xestione o inmediato amaño da estrada da Armada

Fene.-“Tremendamente insegura e practicamente intransitable” son as palabras coas que Iván Puentes, portavoz municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Fene, define o estado no que se atopa desde hai meses a estrada da Armada, vial que une os núcleos de Maniños e Limodre.

«Ao longo do verán canalizouse baixo a calzada desta vía unha nova rede de gas natural para extender este servizo aos veciños e veciñas desas parroquias de Maniños e Limodre, proyecto xestionado xa polo anterior goberno socialista de Fene. As obras concluiron hai uns tres meses, pero o firme de aglomerado non foi reposto, senón que a zanxa feita, que recorre lonxitudinalmente toda a estrada, atravesándoa tamén de lado a lado en múltiples puntos, foi simplemente rechea de formigón.

Así, a Armada, xa de por sí perigosa polo elevado volume de tráfico que soporta e as reducidas dimensións da calzada, combinadas coa falta de arcéns e aceras na maior parte do seu treito, -continua sinalando Iván Puentes-, tense volvido nos últimos tempos nunha estrada aínda máis perigosa. Os vehículos vense obrigados a circular polo centro para esquivar a zanxa, hai múltiples baches e irregularidades no firme, os volantazos que teñen que dar os conductores para esquivar os mesmos aumentan o risco para os peóns que camiñan pola zona… En estas condicións non é de estrañar que sexan numerosas as queixas de veciños da zona que os concelleiros socialistas reciben cada semana.»

Demanda veciñal

Facéndose eco desa demanda veciñal, o PSdeG-PSOE de Fene reclámalle ao PP que xestione de imediato coa Deputación da Coruña, titular da vía, a reposición definitiva do firme da Armada, para acabar coa inseguridade permanente que conductores e peóns levan soportando durante todo este tempo.

“Unha vez máis, demóstrase que o Alcalde e os concelleiros do PP de Fene, en lugar de protexer aos seus veciños e veciñas, protexen só aos dirixentes do PP. Levamos desde agosto pedindo no pleno que o Goberno Municipal faga algo en relación con este asunto e aínda non moveron un dedo. É desesperante.”, conclúe Iván Puentes.

Lea también

San Sadurniño dispón dunha nova canle de Whatsapp

Un medio de información que vén sumarse ás distintas plataformas municipais coa finalidade de que …