O BNG considera que o goberno municipal de Ferrol é incapaz de executar o convenio con Defensa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o anuncio de ubicación da residencia universitaria no edificio do centro de menores “Sotomaior” amosa a incapacidade do Goberno Municipal por finalizar e desenvolver o convenio co Ministerio de Defensa.

Para o BNG este acordo, feito público onte, de carácter temporal non resolve o problema de fondo e o único que busca o goberno de Rey Varela, co mesmo, é xustificar a súa incapacidade para finalizar e executar o convenio co Ministerio de Defensa para que as propiedades inseridas no mesmo, incluidos os terreos e edificacións do cuartel Sánchez Aguilera como a Casa do Coronel, sede do museo da SGHN, ou os pavillóns reservados para a residencia universitaria, sexan definitivamente propiedade municipal.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …