O BNG quere coñecer se o goberno vai modificar a súa política respecto ao pago do IBI de Navantia

O Bloque Nacionalista Galego rexistrou no Congreso, por medio da súa Deputada Rosana Pérez, unha iniciativa dirixida ao Goberno Central mediante a que se quere coñecer se o executivo central ten previsto modificar a súa política con respecto ao pago do IBI polos terreos que ocupa Navantia en Ferrol e se ten previsto deixar de recorrer xudicialmente ás liquidacions por este imposto municipal.

 Esta iniciativa xurde como resposta à recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que estabelece que os terreos ocupados por Navantia na nosa cidade están exentos de pagar este impuesto municipal, contrariamente ao dictaminado até a actualidade en diferentes resolucions xudiciais. E lembra o BNG que historicamente o goberno central e máis concretamente o Ministerio de Defensa se ven negando a pagar ao Concello de Ferrol o IBI por estes terreos que ascende a algo máis de medio millón de euros anuais.

 Iván Rivas, Portavoz Municipal do BNG, incide en que se fai necesario garantir unha compensación estable à nosa cidade como consecuencia da ocupación de máis do 20% de solo urbano por parte do Ministerio de Defensa, é por isto que na iniciativa rexistrada tamén se pregunta ao Goberno Central se considera que ol alto indice de terreos ocupados polo Ministerio de Defensa en Ferrol é susceptíbel dunha compensación económica ao concello que palie o lastre que supón este feito para as arcas municipais e se ten previsto o Goberno compensar debidamente a Ferrol, vía Orzamentos Xerais do Estado, ou en caso contrario, ten previsto extender o pago do IBI a todas as instalacions que Defensa posúe na nosa cidade.

 O BNG lembra que son moitas às instalacions que Defensa ten en solo ferrolan e que ocupan un total de 374,40 hectáreas. De todas elas, só ten o deber de costear os impostos locais, o IBI, da empresa Navantia. Sen embargo, la Administración central é un mal pagador posto que sempre o fai con retraso y logo de varios recursos xudiciais por parte do Concello.

 Para o BNG esta política cicateira e restrictiva para cunha cidade que foi militar e industrialmente explotada polo Goberno Central, agudizouse coas rebaixas practicadas nos Orzamentos Xerais do Estado. Uns orzamentos que foron reducindo á partida económica destinada à “compensación pola ocupación dos terrenos de Defensa” até desaparecer.

 

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …