Resulta que casarse é constitucional

 Miguel Alonso

Con todo o tema da folga xeral pasóuseme o outro día falar do fallo do Tribunal Constitucional admitindo a legalidade do matrimonio homosexual. Como saben, a ilegalización deste dereito foi un dos cabalos de batalla do Partido Popular nos últimos anos. É algo sorprendente e que demostra ás claras o nivel intelectual dalgúns dos seus dirixentes: non hai homosexuais de dereitas? Pois posiblemente moitos, pero o que está claro é que a maioría non ían votar a un partido que non lles permite unha igualdade efectiva de dereitos.

O máis “simpático” (con comiñas) de todo o debate era se aquilo debíase chamar matrimonio (sen comiñas) ou non. Cousa moi importante, claro, xa que todos sabemos que o léxico non varía o seu significado a través dos tempos …  O das comiñas foi un recurso moi utilizado nos xornais de dereitas para referirse ao “matrimonio” homosexual. Cousas súas, en algo hai que perder o tempo.

En fin. O grave non é todo o anterior que lles estou contando, xa que finalmente imperou a cordura. O realmente grave veu despois, cando determinados xornais, mostrando a gran obxectividade da que fan gala sempre, comezaron a publicar titulares que deberían estar penados por lei. Un exemplo é o do diario ultraconservador “La Gaceta”, que na súa portada do día seguinte ao fallo do Constitucional titulou: “Será constitucional, pero no es matrimonio”, demostrando a súa cavernícola ideoloxía unha vez máis, e deixando a ética periodística polo chan. Iso podería ser un editorial (un mal editorial), pero non unha noticia de portada que mostra a máis absoluta parcialidade. Pero ben, eles aí seguirán co do Lobby Gay e demais parvadas …

Relacionado con isto está a polémica da rapaza esa de Vigo, membro das Novas Xeracións do PP (ignoro se realmente era dirixente ou pasaba por alí). Como saben, difundiu a través da rede social Twitter unha mensaxe na que dicía “respectar” aos homosexuais xa que só se facían dano a si mesmos. Remataba dicindo que oxalá atoparan pronto unha cura. Finalmente foi expedientada pola propia organización, debido á ondada de protestas. Ai, estes das “novas xeracións” que teñen unhas opinión tan parecidas aos das antigas. Ai, que medo…

E a Igrexa? Acepta a sentencia sobre o matrimonio homosexual? Non, claro. Varios dirixentes arremeteron tamén contra o Constitucional, expresando que os nenos necesitan un pai e unha nai. Non sabemos se necesitan curas pederastas ou non, que ese é outro debate aparte. A quen se lle ocorreu sacalo? En fin, que a Igrexa, como ven, segue ancorada no século que lle é propio, o século XV.

Xa para rematar, parabéns dende aquí ás persoas beneficiadas pola sentencia do Constitucional, é un pasiño máis para construír unha sociedade algo máis xusta.

Lea también

Mulleres e inspiración

Julia Mª Dopico Vale Esta semana se presentaba en Pontevedra el ciclo “Mulleres e Inspiración” …

Un comentario

  1. Pues resulta que casarse siempre fue constitucional. No es mi intención convertir este blog en un frontón entre usted y yo , pero no puedo menos que no estar de acuerdo con parte de sus ideas y argumentos cuando se califica como delito la opinión de un diario por oponerse a lo que usted piensa. El » serà constitucional pero no es matrimonio» es algo que a usted no le gusté pero ni es delito ni es falso, es ley natural.
    Con comillas o sin comillas, es evidente que no profesamos las mismas ideas, ni en esto del » gaymonio» ni en el campo de las huelgas y los piquetes, por eso no le debe extrañar a nadie que no opinando lo mismo surja la crítica y la discrepancia.
    Yo admito cualquier idea o argumento que aquí se exponga aunque no lo comparta, el pensamiento único nunca ha sido mi lema, pero cuando se da valor de auto de fe a una sentencia política no jurídica de un tribunal es para mi la prueba del nueve sobre la » independencia» de un tribunal cuando politicamente sentencia.
    Con relación a la iglesia católica, que para usted puede estar anclada en el siglo XV, su opinión es libre lo que no quiere decir que tenga que ser veraz. Aqui se entra en el campo religioso donde afortunadamente en España existe libertad absoluta para profesar o no cualquier idea religiosa o atea, lo que no supone que los creyentes tengan forzosamente que admitir y practicar lo que otros piensen sobre sus «usos y costumbres», por eso la iglesia y con ella cientos de millones de seres humanos, catolicos o no, agnosticos o ateos , homosexuales o heteros, siguen y seguiràn opinando que matrimonio solo lo es el de un hombre y una mujer, y no por eso deben ser reos de castigo.
    Hablar de curas pederastas para dar màs fuerza a sus «teorías» es una vez màs la gota de demagogia que nunca falta en sus escritos, venga o no a cuento, pues en este caso nada tiene que ver el culo con las témporas.