Os Concellos de Ferrol e Narón «aumentarán o nivel de cooperación» no servizo de bombeiros

O concelleiro de Seguridade e Servizos do Concello de Ferrol, Pablo Cal Martínez, participou na mañá do mércoles, día 28, na comisión de seguimento do convenio asinado entre Ferrol e Narón para compartir o servizo de bombeiros. A este encontro, por parte da localidade veciña de Narón, asistiu o edil Guillermo Sánchez Fojo; así como diverso persoal técnico municipal de ambos os dous concellos.

Pablo Cal apuntou, ao remate da xuntanza, que durante a mesma abordáronse cuestións de carácter técnico e operativas sobre o funcionamento do devandito  convenio de bombeiros. “Constatouse a necesidade de facer máis fluída a relación entre Ferrol e Narón no tocante a este servizo de bombeiros”, apuntou o responsable ferrolán; ao tempo que avogou por “aumentar o nivel de cooperación” entre os dous Concellos. Neste sentido, Pablo Cal explicou que as dúas partes quedaron convocadas para manter unha nova reunión de seguimento do convenio, a cal terá lugar antes da primeira quincena do vindeiro mes de decembro.

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …