O PSdG-PSOE de Fene critica o investimento no premio Blanco Amor e non acudiron á entrega do premio

De “derroche absoluto e insulto ás necesidades dos veciños e veciñas” califica Iván Puentes, portavoz do PSOE en Fene, a decisión da Concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, de destinar máis de 6 mil euros das contas municipais a financiar o premio de novela longa Blanco Amor, que foi entregado na noite de onte  sábado no Concello de Fene. Unha cantidade considerable que resulta aínda máis inxustificable se temos en conta os constantes recortes en servizos básicos aos veciños e veciñas que o PP ven levando a cabo desde que está á fronte do Goberno Municipal.

Suprimidos varios servicios por falta de cartos

Así, a Concellería de Cultura suprimiu o transporte que cada semana levaba aos nenos e nenas dos colexios máis alonxados do centro urbano á piscina municipal para poder participar na actividade de natación escolar por unha suposta falta de cartos, que agora vese que non é tal.

Alegando tamén esa falsa falta de cartos, a comezos deste curso, Rocío Bértoa, Concelleira de Cultura, decidiu suprimir a aportación municipal para a ludoteca do Colexio de O Ramo (Barallobre) e retirar a colaboración do Concello co comedor escolar deste mesmo centro.

Aducindo problemas presupostarios o PP suprimiu ademais o campionato galego de iudo que se viña celebrando no pabillón da Xunqueira e recurtou considerablemente o presuposto da cabalgata de reis.

 Non acudirán

Neste contexto os concelleiros e concelleiras do PSdeG-PSOE de Fene non acudiron  á entrega do premio Blanco Amor. “Os socialistas non podemos asistir a un acto no que se dilapidan máis de 6.000 euros da Concellería de Cultura mentres os nenos e nenas de Fene están sen transporte para a piscina, sen axuda para a ludoteca, sen algún comedor escolar ou sen o seu concurso literario, o de microrelatos”, explica Iván Puentes.

«Por iso é incomprensible– sinala nunha nota o PSdG de Fene- que se gaste tal cantidade de cartos públicos na organización dun concurso literario de ámbito galego que a xuizo de PSOE é absolutamente prescindible e que pouco ou nada lle vai aportar aos veciños e veciñas de Fene, ao contrario do que si pasaba cos servizos suprimidos polo PP ou do que pasa co premio literario máis representativo de Fene, o Pérez Parallé, que organiza o Círculo Mercantil de Fene e no que o investimento municipal si que está perfectamente xustificado.

O premio de novela longa Blanco Amor é un premio literario de ámbito autonómico organizado cada ano por un concello galego que se ofrece voluntariamente para cubir os seus custos. No actual contexto de crise económica, Fene foi dos poucos concellos que este ano decidiu gastar cartos de seu na organización desta actividade. Así, ser este ano os organizadores do certame, máis que un mérito é simplemente un síntoma de irresponsabilidade e inxenuidade.» 

Lea también

María del Mar Tomás fala en Fene sobre a resistencia aos antibióticos no ciclo Contando Ciencia

Falará este xoves, 14 de marzo, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa …