Tirando a dar/ Patrimonio da eternidade: A muralla da discordia

jjburgoa@hotmail.com

Parece, mar, que luchas

por encontrarte o porque yo te encuentre

           Juan Ramón Jiménez

A partires do ano 1750 o Arsenal de Ferrol foi arrodeado dunha muralla e un foxo alimentado pola auga do mar, estendéndose o muro de peche desde o porto de Curuxeiras ata o estaleiro de Caranza. Nos séculos XIX e XX unha serie de pouco afortunadas reformas que se fixeron no trazado e na estrutura da muralla orixinal, entre outras razóns por mor da construción do dique da Campá, racharon ademais parte da fermosa Alameda de Ferrol, que quedaría totalmente estragada a finais do século XX coa construción do arrepiante Mercado Municipal.

Mentres tanto quedou en pé un muro que separa un Arsenal e unha cidade que naceran xuntos por mor dunha decisión da Coroa. Hoxe en día a muralla do Arsenal esténdese ao longo dos escasos mil metros que hai entre as portas do Dique e do Parque, establecendo unha pouco estética barreira que illa á urbe do contorno natural das augas da ría e significa un innegable baldón nese tortuoso camiño de obtención da distinción do que moitos xa chaman Patrimonio da Eternidade.

Por riba da polémica existente sobre o destino que se debe dar a este muro de peche, con posturas encontradas sobre o tema, nesta ocasión estou totalmente de acordo coa opinión manifestada ultimamente polo Alcalde de Ferrol no senso que desde a entrada natural da autopista pola enseada da Malata, pasando pola dársena de Curuxeiras e a Praza Vella ata a Praza de Galicia e os Cantóns, rematando en Esteiro, temos que ter á vista o mar, a ría e as instalacións portuarias, navais e industriais que identifican á cidade de Ferrol e son a súa razón de ser.

Semella evidente que dados os sofisticados medios militares de seguridade existentes hoxe en día, que transcenden da seguridade puramente física, se podería chegar a unha desexable permeabilización visual de varios tramos da muralla, eliminando especialmente aqueles que non sexan os orixinais da mesma, que traería tamén consigo a desaparición dalgúns edificios de escasa utilidade e peor estética, engadidos en tempos posteriores ao nacemento do Arsenal, e que levaría á recuperación visual do singular espazo de Puerto Chico.

Deste xeito, unha actuación que combine a conservación patrimonial de tramos de cantería da muralla orixinal coa substitución dos tramos modernos da mesma por un enreixado metálico ou similar, ao tempo que se actúa na Alameda de maneira decidida derrubando os edificios civís que nunca deberon construírse, non só daría máis realce e permitiría a visión da dársena do Arsenal, se non que se poñería en valor o paseo e avenida dos Irmandiños, hoxe convertida nunha antiestética e incómoda arteria de circulación da cidade.

O tema da muralla do Arsenal débese contemplar dentro dunha solución global, de forma conxunta con outros peches da fachada marítima estendida desde A Malata ata Caranza, tales como ese opaco muro de cerramento da empresa estatal Navantia, que non deixa ver unha parte das súas instalacións e tamén desa triste reixa coa que a inefable Autoridade Portuaria pecha o peirao e impide aos veciños de Ferrol o contacto coas augas da ría. Deste xeito algún día Ferrol deixará de seren a Cidade Ensimesmada actual e será esa Cidade do (da) Mar, nome co que algún político local tivo a ocorrencia de bautizala.

Nesta actuación global sobre a fachada marítima algún día haberá que deterse con certo detalle pois estamos a falar dun lugar sempre tan sensible e fráxil ás actuacións humanas como a devandita fachada, que debe estar aberta ao uso cidadán dentro dunha harmoniosa conexión entre a cidade e o mar. De xeito particular é de esperar que neste contexto ninguén teña a peregrina e arroutada idea de construír en terreos do porto ferrolán algún edificio tipo Centro Comercial ou de Ocio, para non repetir erros como os cometido no porto da capital coruñesa onde un edificio comercial constitúe unha horrible barreira estética e física entre a cidade e o

Lea también

Sete anos da presentación de “Los disfraces de la traición”, de Olga Rico

José Fonte Sardiña O día 10 de marzo de 2017, presentabamos na Casa da Cultura …