O Concello de Ares aboará a extra de Nadal e adiantará a xaneiro a de xuño do 2013

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, anunciou que neste concello “ningún traballador ao que lle corresponda quedará sen extra e aqueles aos que o PP lles quitou este dereito e así o solicitaron recibirán en xaneiro o adianto do salario extra de xuño, tal e como algúns rexedores defenderon o pasado martes en Madrid no Consello Territorial da FEMP”, da que é membro o rexedor socialista de Ares.
Segundo afirmou Iglesias, “en Ares estamos fartos dos recortes do PP e da continua perda de poder adquisitivo coa que os populares castigan aos traballadores sen tocar un só euro dos beneficios empresariais e das rentas máis altas”. En base a iso, e “fartos desa hipocresía que pratica o PP á hora de repartir as culpas entre as clases traballadoras e criminalizalas mentres axuda sen pudor aos que causaron a crise, que son os bancos”, o grupo municipal socialista ten decidido non castigar máis aos seus traballadores e, en consecuencia, aboará á extra a inxustísima todos aqueles aos que lles corresponde e aos que o PP castigou sin ela, como xa se lles informou a semana pasada a través dos sindicatos, se lles adiantará a xaneiro a extra de xuño si así o solicitan, buscando para iso as fórmulas legais axeitadas.

«Xa é hora de combatir con feitos as agresións do PP ás clases traballadoras en defensa dos seus dereitos e tamén do comercio local, que é o outro gran perxudicado por dita medida», rematou Iglesias.

 

Lea también

Ares acolle a charla divulgativa “Adultos maiores: como activarnos?”

A penúltima charla divulgativa da academia AresXSalud que promove o Concello  de Ares chega este …