O BNG analizou coa A.VV de A Graña o recorte nas liñas de autobús

BNGO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo o pasado xoves unha xuntanza coa asociación de veciños de A Graña na que se abordou a proposta de redución de servizos no transporte urbano proposto pola empresa concesionaria e como esta afectará a situación do transporte urbano na cidade.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, explicou aos veciños a proposta que esta sendo obxecto de estudo por parte da Xunta de Galiza e contra a que o Concello de Ferrol non presentou alegacións. Para o nacionalista esta forma de proceder é unha nova mostra da constante dinámica do PP de reducir a prestación de servizos públicos en perxuizo das maiorías sociais.

O BNG sinala que A Graña é unha das zonas que se verá máis afectada polo recorte no servizo de transporte urbano xa que “Tranvias de Ferrol” pretende suprimir por completo o servizo de autobus as fins de semana e reducir à metade os servizos os días laborabeis, unha redución total de 60 servizos à semana.

Iván Rivas sinalou que a situación do transporte público na cidade na actualidade xa é moi deficiente, tanto na zona urbana como no rural, con frecuencias de paso ridículas, e que o Goberno municipal debería afrontar este servizo como algo prioritario no canto de actúar de modo cómplice respecto de decisións que van no sentido contrario ás necesidades da cidade.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …