O alcalde de Ares denuncia a falla de palabra da dirección xeral de patrimonio

monasterio santa catalinaO alcalde de Ares, Julio Iglesias, compareceu onte en rolda de prensa, acompañado polas deputadas socialistas Beatriz Sestayo (Parlamento de Galicia) e Paloma Rodríguez (Congreso), así como pola concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, para denunciar publicamente a falla de palabra do director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel, con respecto ao mosteiro de Santa Catalina, así como a actitude que está a ter esta Dirección Xeral cara este Concello con respecto á modificación da norma subsidiaria relativa a Redes, a única que non está informada favorablemente de todas as presentadas ata o momento.

Nomeadamente, o rexedor lembrou cómo en 2010 o propio Rey Pichel comprometera, e  así ano tras ano, unha partida anual de 100.000 euros para ir facendo pequenas actuacións no mosteiro de Santa Catalina, así como abordar dúas intervencións de importancia e urxencia para o cenobio: a primeira, a de adicar 150.000 euros para construir un Centro de Recepción de Visitantes –cuxo proxecto, como lembrou Iglesias, xa está listo e en mans da Dirección Xeral, “pero que tres anos despois está a durmir en un caixón”-  e outra “máis ambiciosa”, que pasaría por executar un proxecto de rehabilitación con cargo ao 1% Cultural do Ministerio de Fomento, tamén comprometido por este departamento da Xunta.

“O certo é que pasaron máis de tres anos dende o primeiro compromiso do director xeral de Patrimonio e, despois deste tempo, a Xunta non gastou nin un euro no mosteiro de Santa Catalina”, asegurou o alcalde socialista, que lembrou todos os traballos realizados polo Concello dende a recuperación da cesión polo actual rexedor, que adicou incluso dous obradoiros de emprego a actuacións no cenobio e que mantén o obxectivo de abrir ao público as instalacións.

“Nós temos feito moitas actuacións de mantemento e de mellora das instalacións do mosteiro, pero ao Concello non lle corresponde rehabilítalo, senón que esta cuestión é competencia de Patrimonio”, manifestou Julio Iglesias, que anunciou a presentación, por parte das dúas deputadas, de diferentes iniciativas nas respectivas Cámaras nas que levan a cabo a súa actividade política, preguntando sobre a rehabilitación e actuacións pendentes en Santa Catalina.

De feito, a parlamentaria galega Beatriz Sestayo presentou a iniciativa parlamentaria rexistrada esta mesma mañá. Neste sentido, Sestayo indicou que “se constata unha mentira máis de Feijóo”, xa que houbo un compromiso en Comisión de Rey Pichel, que a día de hoxe “é evidente que non se produciu”. “Non hai proxecto, pero si desidia e unha mentira, que terá que ter un custe porque non se pode mentir gratis”, dixo a parlamentaria socialista, que engadiu que ademais do conxunto de propostas, solicitou unha entevista co director xeral de Patrimonio, ao que acusou dunha “incompetencia absoluta nunha comarca na que o turismo é un sector estratéxico e a coidar especialmente”.

Na mesma liña manifestouse a deputada no Congreso. Paloma Rodríguez anunciou que “mañá mesmo vamos esixir o desenvolvemento inmediato dun Plan de rehabilitación do mosteiro de Santa Catalina con cargo ao 1% Cultural”. Segundo a deputada socialista, o PP “está constantemente cercenando as posibilidades de desenvolvemento desta comarca”, ou tempo que acusou aos Gobernos do Partido Popular de “desinterese e desidia”.

“Esixiremos que o PP cumpra xa non cos seus compromisos, senón coas súas obrigas”, incidiu Rodríguez, en relación coa rehabilitación deste cenobio, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2000.

Ademais, o Grupo Parlamentario Socialista incluiu estas emendas para que foran recollidas polo Executivo da Xunta nos orzamentos correspondentes a este exercicio.

 

NORMATIVA EN REDES

Ares_Redes0025Por outra banda, o alcalde de Ares denunciou a actitude que está a ter Patrimonio con respecto ao urbanismo de Redes. Neste eido, Julio Iglesias explicou que se ben todas as modificacións ás normas subsidiarias propostas foron aprobadas e, polo tanto, están actualizadas conforme ao nivel das que figuraban no Plan Xeral do 99 (anulado pola Xustiza en 2007), no único caso de Redes isto non foi posible porque “Patrimonio non permite incluir na norma xeral o que si acepta para os casos particulares que se corresponden na maior parte con xente non residente, con recursos económicos e moi asesorada técnicamente”. Refírese o rexedor a que o Concello ten informes singulares nos que se recolle que a regla xeral das construccións de Redes son baixo + 2, e de feito así constaba –co beneplácito entón de Patrimonio- no planeamento do ano 99, “pero cando este Concello quere extender esta regra xeral á normativa xeral, temos un informe negativo de Patrimonio”, dixo Iglesias, para o que dito informe –que non é vinculante, pero que se acatou para non entorpecer o resto de modificacións- vai “contra os seus propios actos, sembra inseguridade xurídica e, sobre todo e o máis importante, marxina aos veciños e veciñas residentes en Redes”, dixo Iglesias, ao tempo que engadiu que “curiosamente, Patrimonio autorizou obras que rachan coa estética de Redes, e así o denunciei nas comisións ás que asistín, pero eles invaden as competencias do Concello e deciden os volumes de edificabilidade de Redes, que o ten que dicir o Concello”. “Queren ter o control de todo o que se fai no municipio de Ares”, afirmou o alcalde.

 

Lea también

Detenidos dos furtivos de Ares con más de 60 kilos de percebes en una playa de Carballo

Según informa la Guardia Civil dos vecinos de Ares han sido detenidos mientras extraían percebes …