O BNG pregunta ao Goberno pola situación da candidatura «Ferrol ao Patrimonio da Humanidade»

castillo de san felipeO Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa no Congreso, por medio da Deputada Rosana Pérez, na que demanda do goberno do estado que clarifiqué cal é a situación actual da candidatura de Ferrol á Patrimonio Mundial e se esta continúa figurando na lista indicativa do Estado español para patrimonio da UNESCO.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, lembrou que o goberno local esta a destinar una importante cantidade económica á candidatura de Ferrol á patrimonio mundial pero que non informa se existe algún avance na mesma e se descoñece a situación na que se atopa a candidatura local, en canto ás xestións que o goberno central debe realizar ao respecto e cal é a disposición do executivo a defender esta candidatura nestes momentos. É por isto que o BNG quere coñecer cal é o estado actual dos traballos de documentación e se colaborou  dalgunha maneira con eles para fundamentar a nosa candidatura.

O BNG plantexa ao Goberno central una serie de interrogantes que xurden ante o silencio dos últimos anos como se desde o ano 2006 que Ferrol se inclue no listado do Consello do Patrimonio Histórico se deron pasos para avanzar en que esta proposta chegue ao Comité de Patrimonio Mundial da UNESCO e coñecer cales son os  problemas cos que esta candidatura se esta atopando para que no ano 2013 aínda non teña sido proposta á UNESCO e se descoñeza a súa viabilidade.

O BNG lembra que na reunión do Consello de Patrimonio histórico celebrada en Javier (Navarra), en xuño de 2006, a Xunta de Galiza propuxo a inclusión de Ferrol Ciudad Ilustrada para Patrimonio de la UNESCO e foi aceptado polo Consello do Patrimonio Histórico. Desde entón se traballou na elaboración da documentación para fundamentar a candidatura.

Así mesmo, en resposta escrita ao BNG no ano 2007 (10 de outubro) o gobernó admitia que a candidatura de Ferrol podería presentarse entorno aos anos 2010 e 2011. Aínda que como é obvio non se chegou a facer ninguna proposta neste sentido diante do Comité do Patrimonio Mundial.

Por último o BNG pregunta pola valoración que fai o goberno central do estado de conservación deste valioso  patrimonio, para saber se esta sendo obxecto da debida protección e promoción, nomeadamente todo aquel que está afectado ou abandonado por Defensa.

Lea también

Neda premia un año más a los mejores lectores de la biblioteca municipal

La Biblioteca municipal de Neda ha celebrado el Día Internacional del Libro distinguiendo, como viene siendo …