Roldas de prensa

Miguel AlonsoMiguel Alonso

Asegúrolles que no meu entorno non hai nin un só votante do Partido Popular. Non, non é que eu estea rodeado de extremistas radicais de esquerdas deses que rompen España (Deus noso señor libroume dese “mal”). O que pasa é que non teño ningún coñecido que admita ter votado ao PP nas últimas eleccións. Si, sei que algúns (en realidade, moitos) o fixeron, pero ningún o admite. Ata onde a miña clarividencia, que non é moita, me da a entender, teñen vergoña e supoño que irá en aumento.

Eu tería vergoña de ter un presidente que, para dar explicacións sobre o escándalo de corrupción no que está sumido o seu partido, se esconde detrás dunha pantalla. Coma se isto fose 1984. E máis que unha rolda de prensa o que fixo foi ler un comunicado, xa que non admitiu preguntas. Un tirón de orellas ben forte para os medios que non se queixaron por isto. Non fixeron o seu traballo, que é preguntar e ofrecer respostas. Non me refiro, claro está, a todos, xa que algúns si expresaron a súa contrariedade e, incluso, algúns xornalistas negáronse a acudir.

Pero si, xa lles digo que eu tería vergoña. Iso é todo o que vai facer neste asunto? esa é a súa maxistral forma de tranquilizar aos seus votantes? Parece que a amnistía fiscal serviu para que xente como Bárcenas “legalizara” a súa situación, vai seguir en vigor? Era iso o que buscaban? Por certo, queren facer parva á cidadanía mostrando as súas declaracións da renda? O diñeiro negro non é negro porque non se declara?

Ignoro se os papeis publicados, e que teoricamente están escritos por Bárcenas, son reais. Ignoro se El País publicou unha información veraz (non sería a primeira vez que menten, a última “metida de pata” foi a imaxe dun falso Chávez convalecente). O que me sorprende é que os xornais da caverna mediática non parecen dubidar da culpabilidade desta xente. A portada de La Gaceta (a versión escrita dos amigos de Interlobotomía) sinalaba a Rajoy directamente (creo lembrar que dicía “A Rajoy también le pagaron los viajes”). Parece que ao amado líder se lle está revolucionando o galiñeiro. Por que os seus compañeiros de viaxe o acusan tan directamente?.

Agora, antes de rematar, unhas pequenas puntualizacións, por se as moscas:

–          PREGUNTA 1: Señor Alonso, é vostede un demagogo, por que lle preocupa tanto a corrupción do Partido Popular e non di nada da corrupción socialista? Ten vostede un bo exemplo en Andalucía.

–          RESPOSTA 1: Que o PSOE rouba? A quen? Non mo podo de creé. Vale, pois se rouba, e son atopados culpables haberá que castigalos, non? Ao igual que no caso do PP, cárcere a quen lle corresponda.

–          PREGUNTA 2: Sigue sendo vostede un demagogo! Un esquerdista radical!  Fale da familia Puyol e dos seus chantaxes! Fale deles, que son cataláns! Vostedes os de esquerdas nunca se meten cos cataláns.

–          RESPOSTA 2: A pesares da miña lóxica reticencia como esquerdista radical a criticar a un partido neoliberal e de dereitas como CiU, dareille a mesma resposta que no anterior caso: Xuízo e, no seu caso, cárcere. Sen contemplacións.

–          PREGUNTA 3: Xa, xa, iso vostede o di todo para quedar ben e porque aos partidos da súa órbita xudeu-masónica aínda non os pillaron en nada grave. Que fará no caso de que, por exemplo, pillen a un dirixente de IU coas mans na masa?

–          RESPOSTA 3: Como vostede ben imaxina, a corrupción non é igual para todos, a dos meus é menos grave… É broma, pois non, aínda que lle sorprenda daríalle a mesma resposta: Xuízo e cárcere. E ademais, ao ser “dos meus” eu faríalle algo máis contundente, porque á fin e ao cabo, é “dos meus”. Pero en fin, non sei se me crería aínda que agardo que vostede teña a mesma compaixón nula polos “seus”.

 

 

Lea también

El 10 de marzo de 1972 en Ferrol ¿Tragedia o suceso histórico?

Enrique Barrera Beitia Todos los ferrolanos sabemos que el 10 de marzo de 1972 una …

5 comentarios

  1. No había que ser muy adivina para no esperar que Don Miguel saliese hoy con un comentario sobre el caso Bàrcenas y el Presidente Rajoy. De sus libres opiniones alineadas normalmente con la izquierda , extrema o no , esta no podía menos de seguir ese camino con una crítica descalificadora y acerada contra Rajoy y los » ausentes» votantes del PP.
    Lo que màs me gusta del artículo de hoy , aunque no comparta alguno de los juicios que hace de la comparecencia de Rajoy , que no fue en rueda de prensa, es que pretendiendo utilizar su acostumbrada demagogia, en este caso el mismo la desmonta en sus preguntas y respuestas.
    Sobre el caso Bàrcenas estamos asistiendo a muy jugosas novedades que los jueces pueden clarificar descubriendo o no acciones que pueden desmontar el escandalo montado. Yo que no escondo haber votado al PP, estoy muy satisfecha con el cariz que va tomando el asunto , y lejos de esgrimir el famoso» tú màs » , coincido con don Miguel en sus tres respuestas a las preguntas, investigación caiga quien caiga y que cada palo aguante su vela, y cárcel para los míos o los suyos si así se dictamina, faltaría màs.

  2. luisa rajoi feijoo

    luisa tienes «a-fan» por miguel jajajajaja.
    Esto quiere decir que eres no fan de miguel…
    pero esta ahi SIEMPRE como buena seguidora.
    Esperemos que este amorodio fanatico no acabe mal.
    Ya parece la guerra civil…no hay entendimiento, eso es politica.
    Por favor luisa en el proximo articulo intenta no comentar que nosotros ya intuimos tus verborreas mentates…

    pd1 lo que votaras al pepe lo sabia

    • Ni fan ni odio, curiosidad de lo que piensa un joven actual , y no siempre. Dejamos de coincidir.

  3. luisa rajoi feijoo

    Pues para la proxima, currate algo bonito y de corazon que todos lo queremos.

  4. El comentario próximo serà o no de tu agrado, bonito o feo y desde luego escrito de corazón, yo ni me apunto a lo políticamente correcto ni me callo mi opinión por alabar o desagradar a alguien, digo lo que pienso y ya es muy tarde para esconder mis aficiones.
    Por cierto, como antes comenté por teléfono, no me dió tiempo a desmentir lo de » guerra civil» y ni siquiera a censurarte por intentar poner una mordaza a mi » verborrea», no olvides que estamos en un espacio libre , para Miguel, para mi y para los » Rajoy Feijoo «, aunque pensemos diferente.