A Casa das Palmeiras acollerá unha mostra cos traballos das «Amigas das Labores de Neda»

laboresCon entrada libre, a exposición pode visitarse venres, sábado e domingo en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde (de 17 a 20 horas).-

A Casa das Palmeiras acollerá este venres, sábado e domingo unha mostra cos mellores traballos das “Amigas das Labores” de Ne-da. Un grupo de mulleres que, cada semana, se reúne no Centro Cívico para compartir coñecementos e técnicas en torno á costura, calceta, bordado… Non hai profesoras nin alumnas ou todas elas comparten ese doble papel. Por primeira vez, exporán eses traballos ao público.

Será en horario de mañá e tarde, de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. E, neste sentido, animan á veciñanza e visitantes a achegarse ata as instalacións culturais e visitar a mostra.

Alí, o público poderá apreciar labores de bordado, calceta, ganchillo ou manualidades. Dende prendas de vestir ata complementos como bolsos ou mantelería e cadros.

Lea también

San Sadurniño dispón dunha nova canle de Whatsapp

Un medio de información que vén sumarse ás distintas plataformas municipais coa finalidade de que …