O concello de Neda «liberará» libros por todo o mundo coa colaboración do buque «Elcano»

elcano-23A concelleira de Educación e Cultura, Eva Olmo, anunciou que o Concello promove unha experiencia de bookcrossing con proxección internacional grazas á colaboración do Buque Escola “Juan Sebastián de Elcano”. Así, na súa recente visita ao Arsenal de Ferrol, a edil fixo entrega duns lotes de libros en galego e castelán con diferentes temáticas (novela policiaca, misterio, histórica…). E, como non, a Revista de Neda. Estarán así a dispo-sición da dotación do navío e, tras as correspondentes lecturas, irán “liberando” os volumes nos diferentes portos nos que recale o buque (entre estes, Las Palmas, San Juan de Puerto Rico, Miami, Nexport ou Ciudad de Colón).

Esta iniciativa inclúese no proxecto “Liberando libros por terra, mar e aire”. Ao abeiro do mesmo, o ano pasado se iniciaba coa participación dos alumnos e alumnas do IES Fernando Esquío, encargados de “liberar” os libros e facer un seguemento dos seus percorridos. Tras esta experiencia por terra, continúa agora por mar.

É unha forma de animación á lectura fóra das portas da biblioteca e máis aló dos límites do municipio e incluso do país. A través da mesma, déixanse libros en lugares públicos e privados: paradas de autobús, estacións de tren, trens, aeroportos, Camiño de Santiago, albergues, hoteis, parques e camiños. O «liberador”, en base á ficha que está pegada ao libro, cunha dirección de Internet e un número de identificación, explica na web de «bookcrossing» ao seguinte lector onde está o libro, para que sexa recollido, lido e trasladado a outro lector.

 

 

 

Lea también

San Sadurniño dispón dunha nova canle de Whatsapp

Un medio de información que vén sumarse ás distintas plataformas municipais coa finalidade de que …