Tirando a dar/Novos aldraxes ao Camiño Inglés en Ferrol

Juan José Burgoajjburgoa@hotmail.com

Dedicado aos meus amigos Rosa Méndez e Xosé Leira

Dentro dos camiños a Compostela, as coñecidas como Rutas Atlánticas ou do Mar, orixinadas arredor dos portos da Coruña e Ferrol, foron utilizadas polos peregrinos chegados desde Inglaterra, Irlanda e os países flamencos e escandinavos. Tiveron o seu maior arraigo nos séculos XV e XVI, por mor da auxe da navegación de altura, o uso de naves de maior porte e os coñecementos de astronomía, ademais das importantes relacións comerciais entre Galicia e o Mar do Norte. O seu declive tivo lugar a partires da Reforma que orixinou unha drástica división relixiosa en Europa, polo que os pobos atlánticos, na súa maioría protestantes, deixaron de peregrinar a Santiago.

Un dos tramos terrestres do chamado Camiño Inglés – nome discutido e discutible, mais aceptado e sancionado de xeito oficial – comeza nos portos burgoa-1da ría de Ferrol, o propio Ferrol, Neda e Mugardos, continúa por logo por terras de Narón, Fene, Pontedeume e Miño, entra en Betanzos e segue por Abegondo e Mesia, uníndose máis adiante ao tramo nacido na Coruña, á altura do lugar de Cabeza de Lobo, para continuar por Ordes e Sigüeiro cara a Compostela.

O Camiño Inglés, que ten a vantaxe funcional de selo único uniprovincial de tódalas rutas xacobeas, semella non preocupar ao Concelleiro de Turismo de Ferrol, que ademais é o Presidente da Deputación Provincial. Hoxe presenta as disfuncións de sempre: un trazado dificultoso ou mal arranxado, media ducia de polígonos industriais en pleno itinerario e a propia ruta en mal estado, ademais da carencia dos axeitados paneis informativos e de interpretación do patrimonio. Mentres concellos como Neda, Pontedeume ou Miño poñen en valor este camiño de peregrinación, Ferrol, inicio dun dos seus ramais, amosa un total esquecemento e deixamento da ruta xacobea.

Albergue de peregrinos

Ferrol non dispón dun albergue para os peregrinos, nin tan siquer provisional, cando se puido utilizar o edificio da Casa do Mar, preto do porto; a caseta de información municipal de Curuxeiras non abre os días laborables e normalmente non dispón das axeitadas guías de servizos e publicacións sobre a ruta; a hostalería ferrolá non é capaz de ofertar un menú para o peregrino; os peregrinos non coñecen onde selar a Compostelana; a sinalización da ruta é inexistente en moitos lugares; non se optimizou o percorrido polo polígono comercial da Gándara; non se puxo en valor o porto de Curuxeiras como histórico lugar de chegada da Ruta do Mar, e así sucesivamente.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAMentres tanto o historiador municipal de Narón dúbida publicamente non só da traza do Camiño Inglés,OLYMPUS DIGITAL CAMERA mesmo cuestiona a propia existencia desta ruta histórica. O devandito historiador, por outra banda persoa coñecida e considerada polos seus estudos que atinxen a outros períodos históricos referentes á Terra de Trasancos, permítese afirmar de xeito categórico, entre outras lindezas, que o camiño de peregrinación de Ferrol a

Neda “non existe nin pode existir”, ante a pasividade dos portavoces do Concello de Ferrol, sempre tan caladiños en casos como este.

Xa no aspecto material do Camiño Inglés, como incrible mostra do seu desleixo e da nula implicación do Concello de Ferrol no mesmo, pódese comprobar que xusto no comezo da ruta no porto de Curuxeiras, a 50 metros do marco de inicio do Camiño Inglés, en plena rúa Carmen Curuxeiras una valla impide o paso aos peregrinos, sen que a máis pequena sinal indicativa advirta aos mesmos da posibilidade dunha ruta alternativa.

 Centro de Estudos do Camiño Inglés

Foi unha mágoa que meus amigos de Aulas no Camiño, que no seu día fora un meritorio proxecto da Universidade de Ferrol, logo escollesen vericuetos pouco transitables para seguir levando a cabo os seus traballos sobre as rutas xacobeas na vez de se converter nese necesario Centro de Estudos do Camiño Inglés que desde Ferrol difundise e traballase a prol dunha ruta tan ligada a nosa cidade.

Hoxe, na nosa cidade xurden, como as setas no inverno, coñeras asociacións culturais e sucedáneas; centros municipais extraviados; universidades distanciadas; fundacións desnortadas; choscos ateneos, liceos e casinos; sociedades artísticas con teito, sen teito e con goteiras; clubs de intrépidos periodistas; confrarías civís e das outras; tribunas para o diálogo e o monólogo; reais coros e rondallas republicanas; amigos da lírica, da épica e do teatro; foros de poetas postmodernos, tertulianos de silveira, escultores de rotondas, escribidores de culto e círculos de filósofos descarreirados. Perante o abraio do ínclito concelleiro de Cultura de Ferrol, sempre na inopia, xa é hora que algunha ou algún destes contacontos traballen un chisco a prol do Camiño Inglés.

 

 

 

Lea también

Noites craras do luar-Antes de pedir reprobaciones…mírense al espejo

José Luis Álvarez Con la benevolencia del director de Galicia Ártabra reanudo mis comentarios de …

2 comentarios

  1. Eliseo Zaera Ríos

    Mais aló do Camiño inglés…, hai vida…??, non sí ? amigo Juan… eu penso que sí, e vida plural e tan plural que non está ó alcalce de todos/as abarcala, comprendela, e ás veces imposible estudiála…

  2. joseignaciodapenafernandez

    Amigo Juan, como siempre tus artículos son magistrales, enhorabuena, me gustaría que tu conferencia sobre Ferrol de la Ilustración que darán en el mes de Mayo, en la AA.VV. de la Gándara a petición de la Asociación Narón Amigos del Artes, sea tambien magistral, gracias por tanta y maravilloso artículo-Jose Ignacio Dapena Fernández.