O Concello de Ferrol porá a funcionar o Consello de Veciñanza

concello-ferrol-26O Concello de Ferrol porá en marcha esta semana un novo órgano de participación, o Consello da Veciñanza, que se atopa recollido no Regulamento de Participación Cidadá aprobado no mandato pasado coa unanimidade do Pleno e que o actual goberno municipal está a desenvolver. O edil responsable da área, Jose Manuel Vilariño Anca, lembrou que a Administración ferrolá ten convocada a sesión constitutiva do Consello da Veciñanza para o martes día 5 de marzo.

O encontro terá lugar ás 19.30 horas no Salón de Recepcións do Pazo Municipal, situado no primeiro andar; e trala constitución deste Consello celebrarse, no mesmo lugar, a súa primeira reunión –fixada para as 20.00 horas en primeira convocatoria; e para as 20.30 horas, en segunda-. A orde do día desta reunión é: como primeiro punto darase información sobre o procedemento e prazo de elaboración e aprobación do regulamento interno de funcionamento do Consello da Veciñanza; no segundo punto da orde do día contémplase o de informar sobre a implantación e mellora de ferramentas que fomentan a participación cidadá. E, no terceiro punto, abrirase unha rolda de intervencións.

O edil Vilariño Anca sinalou que o Consello da Veciñanza “é un órgano de encontro e coordinación do resto dos órganos de participación veciñal do municipio”. Forman parte do mesmo o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, que ostenta a Presidencia; o concelleiro de Participación, en calidade de vicepresidente; un representante por cada grupo político membro da Corporación Municipal; dous representantes de cada Asemblea de Barrio; un representante de cada Consello Sectorial;. A Secretaría do Consello correspóndelle a un traballador/a municipal, sen voz nin voto.

Competencias do Consello da Veciñanza

No que atinxe as funcións do Consello da Veciñanza, o titular de Participación apuntou que estas son: Intercambiar información sobre o funcionamento dos Consellos Sectorias e as Asembleas de Barrio, entre outros órganos de participación; elaborar propostas de coordinación entre os órganos de participación; presentar suxestións ao Concello para a mellora dos mecanismos de participación cidadá e para a aplicación de políticas e actuacións municipais integrais ou promover a colaboración entre as entidades cidadás do municipio.

 

 

Lea también

«O Talentiño», certamen ferrolano que promueve el talento juvenil, ya en su recta final

«O Talentiño», el prestigioso certamen ferrolano del Concello de Ferrol que celebra y promueve el …