Ofrenda floral do Concello ante a tumba de Carvalho Calero en Santiago

alcalde-carballo caleroO alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, lembrou este luns, día 25, a figura do ferrolán   Ricardo Carvalho Calero cunha ofrenda floral na tumba do cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, onde está enterrado este ilustre escritor, filólogo e galeguista para quen o Concello de Ferrol solicitará á Real Academia Galega (RAG) que lle dedique o Día das Letras Galegas do vindeiro ano. Este acto de homenaxe enmárcase no 23 cabodano do falecemento de Carvalho Calero.

Ademais do primeiro edil da cidade naval, ao acto asistiu o rexedor de Santiago de Compostela, Ángel Curras; así como os voceiros dos grupos municipais do Partido Popular e de Independentes por Ferrol no Concello, Jose Manuel Vilariño Anca e Juan Fernández, respectivamente.

Na súa intervención, Rey Varela encomiou a figura de Carvalho Calero, Fillo Predilecto de Ferrol e da Comunidade Autónoma de Galicia, para quen por terceira vez dende o ano 2008 o Concello de Ferrol pedirá que sexa homenaxeado o Día das Letras Galegas de 2014.  “Creo que é a miña obriga, como alcalde de Ferrol, persistir e seguir facendo camiño co fin de acadar o merecido recoñecemento para a obra e persoa deste insigne ferrolán”, sostivo. Precisamente, o pleno de Ferrol debatirá o mércores, unha proposta do goberno municipal para enviar formalmente á RAG esta petición.

Así memo, o alcalde de Ferrol repasou a enorme trascendencia de Ricardo Carvalho Calero non só no ámbito das letras galegos, senón para o mundo da cultura en xeral, e da lingua galega en particular. Así, da prolífica obra deste intelectual lembrou que é autor de pexas de teatro, narrativa, poesía e ensaio; así como que tivo a honra de ocupar a primeira Cátedra en Lingua e Literatura Galega; e que formou parte do grupo que redactou o Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.

 

 

 

Lea también

O Concello de Ferrol anuncia que aínda hai dispoñibles 62 prazas de teleasistencia a persoas maiores

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, explicou que o Concello de Ferrol atende …