Novo peche de 24 horas dos traballadores do CAMF-Imserso

camfNeste martes, día 26, de marzo, iníciouse  o cuarto peche que, cunha frecuencia semanal, veñen realizando as traballadoras e traballadores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Física (CAMF-Imserso) de Ferrol. Están pechados desde as 8 da mañán  ata as 8 horas do día 27 nas instalacións do centro.

Esta mobilización ten a súa orixe na actitude da Administración que está a realizar recortes na prestación do servizo que están contribuíndo a agravar as condicións nas que se desenvolve o traballo deste colectivo.

Cun cadro de persoal xa reducido, a Administración non substitúe parte das ausencias que se producen e non contrata o persoal necesario para cubrir todas as vacantes que se xeran. O resultado é un servizo mal dotado, o empeoramento das condicións do servizo para os seus usuarios e unhas condicións laborais máis penosas para o persoal que permanece a cargo do servizo.

Ademais o colectivo de traballadoras e traballadores reclama que se realice un sistema de quendas cunha rolda na que entren as 23 persoas que compoñen o colectivo e non só 21 como pretende a Administración, que se proceda a realizar todas as substitucións necesarias para que todos os postos existentes no cadro de persoal estean sempre cubertos e que se garanta o sistema de permisos e vacacións.

A pesar das mobilizacións, a dirección do centro xa entregou as carteleiras de quendas ao persoal sen ter en conta estas  reivindicacións. De feito, ditas carteleiras están realizadas con menos persoal do que está presupostado na relación de postos de traballo do centro.

Entre as 12:00 e as 12:30, as traballadoras e traballadores manifestáronse diante das portas exteriores do seu centro de traballo como veñen facéndoo diariamente desde hai case un mes.

 

 

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …