O Museo de Historia Natural incorpora restos de 4 novas especies de cetáceos de fai 15 millóns de anos

museoUn equipo de investigación internacional formado por Ismael Miján (Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol), Giovanni Bianucci (Universidade de Pisa), Olivier Lambert (Museo Real de Ciencias Naturais de Bélgica), Klaas Post (Museo de Historia Natural de Rotterdam) e Octávio Mateus (Museo de Lourinhâ de Portugal) fai público un importante achado científico en a revista Geodiversitas especializada en Paleontología.

Durante os últimos cinco anos o equipo estivo investigando restos fósiles de catro novas especies de cetáceos que viviron en augas atlánticas da península ibérica fai 15 millóns de anos durante o período Mioceno.

As especies están incluídas na familia dos zifios, moi pouco coñecida e estudada que actualmente conta con 21 especies en todo o planeta.

Os cráneos fósiles foron recuperados por pescadores dos fondos mariños de profundidades entre 500 e 1500 metros e que doaron os exemplares á SGHN para a súa investigación e a súa exposición no Museo de Historia Natural.

 

 

 

 

 

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …